Redución brutal de liñas ferroviarias en Galicia

Redución brutal de liñas ferroviarias en Galicia

Redución brutal de liñas ferroviarias en Galicia

A deputada socialista no Congreso Laura Seara ven de presentar unha batería de iniciativas no Congreso nas que denuncia a “decisión insolidaria” e “brutal” adoptada polos gobernos central e autonómico de reducir as axudas ás liñas ferroviarias galegas, provocando a minoración das frecuencias e prexudicando de novo aos usuarios.

A responsable socialista advirte que a eliminación de varios servizos ferroviarios en Galicia afectará especialmente ás conexións Ourense – Santiago e A Coruña – Ferrol, que se suma á eliminación da liña entre Ourense e Puebla de Sanabria e anuncia a “oposición frontal” do PSdeG.

A supresión pon en evidencia o desgoberno e a falta de compromiso da Xunta e do Ministerio de Fomento con Galicia, que “sempre pretenden sacarse de enriba calquera inconvinte que xurde sen importarlle as consecuencias”.

Neste caso, a deputada sinala o “inmenso impacto que terá na poboación” unha decisión destas características, xa que “esquece que o transporte e as comunicacións son un dos eixos vertebradores da política reequilibradora do territorio e das persoas”. Ademais, apunta que é adoptada “precisamente cando o transporte de viaxeiros por ferrocarril se ven incrementando en Galicia de forma notoria”.

Sinala que Ana Pastor “estase a converter nun verdugo para Galicia, pois parece que as decisións que toma, lonxe de ter impactos positivos no país, son cartuchos de insolidariedade e falla de compromiso”. Ao mesmo tempo, Seara sinalou que, unha vez máis, o PP ensina a verdadeira faciana da súa xestión política: a primacía dunha política de rendibilidade por enriba do interese xeral e do carácter público dos servizos.

Seara reclámalle ao Ministerio de Fomento que explique no Parlamento pola súa decisión de reducir frecuencias e paradas, polas supresións de liñas, as alternativas para os usuarios mais afectados e as supostas alternativas que puidera ter exposto o goberno galego diante desta decisión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar