Recurso de inconstitucionalidade contra o decreto dos recortes no ensino

Recurso de inconstitucionalidade contra o decreto dos recortes no ensino

Recurso de inconstitucionalidade contra o decreto dos recortes no ensino

O portavoz de Educación e Universidade do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclámalle ao presidente da Xunta que presente un recurso de inconstitucionalidade contra a posible invasión de competencias polo decreto de recortes no ensino público. Así o sinala nunha moción que será debatida no Pleno da próxima semana na que reclama que non se suban as taxas universitarias e o incremento das bolsas de ensino.

Leiceaga insta ao presidente da Xunta a solicitar un informe do Consello Consultivo sobre os recortes educativos anunciados no Real Decreto 14/2012 do ministro de Educación e engade que debe presentar un recurso de inconstitucionalidade de confirmarse as sospeitas sobre invasión de competencias da Comunidade Autónoma. En definitiva, propuxo unha serie de medidas para “minimizar os danos do Decreto” ao ensino público.

Reclámalle a Feijóo “que reaccione” xa que “mentres foi un tigre contra as medidas do anterior goberno hoxe con Rajoy compórtase como un gato doméstico coas uñas limadas”. Sinalou que o decreto de recortes “non ten quen o defenda” e advirte que a Xunta quere “gañar tempo” para aplicalo na súa totalidade logo dunhas eleccións autonómicas “que eles contan con gañar pero que nós contamos con que perdan”.

Leiceaga reclamoulle á Xunta que conxele as taxas universitarias en termos reais para que non suban mais do IPC e incremente as bolsas para que “ningún alumno cun expediente aceptable deixe de estudar por motivos de renda”. Dixo que os recortes supoñen un “ataque grave á igualdade de acceso á universidade” au aumentar as taxas e reducir as bolsas, o que prexudica aos estudantes con bos expedientes e dificultades económicas.

Advertiu neste sentido que o anuncio da Xunta de destinar 80.000 euros a bolsas para estudantes que vexan deteriorada a súa capacidade económica “dura menos cunha golosina na porta dun colexio” xa que o sistema universitario ten 70.000 alumnos. Tamén reclamou que a Xunta se dirixa ao Goberno para que atenda a diferenza das condicións socioeconómicas dos territorios á hora de establecer os prezos de matrícula universitaria.

Nesta moción, o responsable socialista insta á Xunta a defender as competencias propias en materia educativa diante dun decreto que supón un “ataque á calidade do ensino público universitario”. Reclamou a posta en marcha de tódolos mecanismos autonómicos para minimizar os danos deste decreto que lesiona o autogoberno de Galicia e mesmo invade a autonomía organizativa das universidades que blinda a Constitución.

Primaria e secundaria

No tocante a primaria e secundaria, reclámalle á Xunta que reactive o Consello Escolar e lle solicite un informe sobre os efectos das previsións do decreto de recortes 14/2012 na calidade educativa. Tamén reclama que a Xunta non aplique a elevación do número de alumnos por aula mentres o decreto estea vixente, así como considerar as horas lectivas mínimas para o profesorado como as máximas a aplicar.

Así,  solicita unha marxe dentro das horas consideradas lectivas para que poidan cubrirse as baixas con recursos internos dos centros e, alí onde non sexa posible, garantir a cobertura usando as contratacións laborais e outras que habilita o decreto. Reclama que o Goberno galego tampouco aplique a redución da obriga legal de ofertar polo menos dúas modalidades de bacharelato, garantindo a oferta plural actual.

Solicita finalmente aplicar a actualización dos módulos de ciclos formativos de FP dende o curso 2012-2013, garantir a aplicación do decreto nas mesmas condicións tamén nos centros privados sostidos con fondos públicos e revisar as condicións dos concertos educativos cos centros afectados polo decreto para axustar o financiamento público á evolución dos custes.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar