Recuperar o FCI "a niveis de hai dez anos", con investimentos de 240 millóns para Galicia

Recuperar o FCI "a niveis de hai dez anos", con investimentos de 240 millóns para Galicia

Recuperar o FCI “a niveis de hai dez anos”, con investimentos de 240 millóns para Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, propuxo hoxe recuperar a intensidade de investimentos do Fondo de Compensación Interterritorial “ao nivel de hai dez anos”. No debate dunha interpelación no Pleno celebrado hoxe, o responsable socialista solicitou quintuplicar as partidas que recibe hoxe Galicia, apenas de 44 millóns que “non dan para montar unha estratexia”.

Fernández Leiceaga lembrou que o FCI, concibido para paliar as insuficiencias e necesidades da política rexional en España e facilitar a converxencia das comunidades autónomas menos desenvolvidas, esmoreceu en favor dos fondos de cohesión. Sinalou que Galicia debe recibir unha cifra “moito máis razoable” da que percibe hoxe, e propuxo aumentar as contías ata “un punto en torno aos 220 millóns”.

Propuxo reactivar o debate sobre a recuperación e actualización dun instrumento que tivo unha importancia fundamental nos últimos anos do século XX e que pode recuperar un papel clave para garantir a converxencia real entre os territorios. Advertiu da importancia destes mecanismos logo de que a crise puxera en dúbida a continuidade dos fondos de converxencia e da perda de fondos comunitarios polo reparto a zonas máis necesitadas.

Criterios de reparto

O portavoz socialista chamou a atención ademais sobre a necesidade de determinar criterios xustos para o reparto destes fondos, máxime cando hoxe hai comunidades autónomas que reciben un apoio máis intenso a pesares de ter un nivel de renda superior á media só porque continúan co criterio orixinal.

Ademais reclamou que a súa continuidade sexa establecida con criterio plurianual, que permite establecer unha estratexia de investimento liberada da presión “excesiva” dun reparto acordado “ano a ano”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar