Recuperar a Illa de Tambo para incluíla no Parque das Illas Atlánticas

Recuperar a Illa de Tambo para incluíla no Parque das Illas Atlánticas

Recuperar a Illa de Tambo para incluíla no Parque das Illas Atlánticas

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou hoxe a posta en marcha de medidas urxentes de recuperación ambiental da Illa de Tambo, no Concello de Poio, que permitan a súa incorporación ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Vilán presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento celebrado hoxe na que criticou o desleixo do goberno galego á hora de recuperar este espazo, actualmente en propiedade do Ministerio de Defensa e que se atopa invadido por eucaliptos, mimosas, avespas velutinas e visóns americanos, que teñen desprazado á fauna e flora autóctonas.

Criticou a falla de interese da Xunta de Galicia, que renunciou a participar das reunións da Comisión de Seguimento convocada polo Concello para buscar a vía para que deixe de pertencer a Defensa e pase a ser de uso público. Nestas xuntanzas participan, ademais da Corporación Municipal, os veciños e a Deputación de Pontevedra, sen que ata o momento teña asistido o goberno galego.

Reclamoulle ao goberno galego que explique por que non quere asistir a estes encontros, por que non ten tomado medias de protección, mantemento e reconstrución da arquitectura coa que conta o enclave, entre elas unha capela do século XVIII, as ruínas dun lazareto do século XIX, restos de petróglifos, un faro dos anos 30 e unha comboa.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar