Recuperación económica inclusiva que non deixe a ninguén atrás

Recuperación económica inclusiva que non deixe a ninguén atrás

Recuperación económica inclusiva que non deixe a ninguén atrás

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe unha proposta diferenciada do discurso “continuísta” de Feijóo previsto para o debate de Investidura que comeza mañá martes. O responsable socialista dixo que, fronte ás receitas coñecidas da dereita, “a clave da lexislatura será converter a recuperación económica en algo inclusivo”.

O responsable socialista esixiu que “todos os galegos e galegas perciban a nova situación de recuperación económica, que non debe deixar a ninguén atrás, e garanta reactivar a creación de emprego e o reforzo dos servizos públicos básicos”.

Fernández Leiceaga advertiu que Feijóo “non vai saírse demasiado dos carrís que trazou” durante o seu mandato e na campaña electoral. Sen embargo, dixo, “nós vamos defender que o camiño que debe defender Galicia é diferente”, e explicou que “a perspectiva de recuperación económica, combinada coa discusión do novo sistema de financiamento, debera dar lugar a unha administración autonómica máis capaz”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar