Recriminan a Rajoy que veña a Galicia a poñerse a medalla que corresponde aos investigadores do Códice en lugar de explicar as duras repercusións da súa política de recortes

Recriminan a Rajoy que veña a Galicia a poñerse a medalla que corresponde aos investigadores do Códice en lugar de explicar as duras repercusións da súa política de recortes

Recriminan a Rajoy que veña a Galicia a poñerse a medalla que corresponde aos investigadores do Códice en lugar de explicar as duras repercusións da súa política de recortes

Pablo García esixe ao Presidente do Goberno que explique ás galegas e aos galegos as medidas que está a tomar e provocan a asfixia das familias con menos recursos

Reprocha a Rajoy que se apunte aos triunfos de outros mentres os pensionistas, os estudantes, os parados e as clases menos favorecidas carga co peso das súas mediadas e recortes

O dirixente socialista acusa a Rajoy e a Feijóo de que Galicia vai aínda peor ca o resto de España en crecemento, desemprego, ou o índice de produción industrial

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, ven de recriminar a Rajoy que mañá veña a Galicia “para furtar o mérito ós corpos e forzas de seguridade do Estado”, impoñéndose a si mesmo a medalla que corresponde os investigadores que lograron atopar o Códice Calixtino e deter aos autores do seu roubo.

En lugar de isto, o senador socialistas propón ao presidente de España que dedicara a súa visita a Galicia a “despexar a incerteza sobre o noso futuro que temos os galegos e as galegas, como o resto de cidadáns españois”.

García condena que Mariano Rajoy “se pasee polos campos de fútbol e celebre triunfos de terceiros no vestiario, que devolva o patrimonio de todos que outros conseguiron recuperar logo de un ano de dedicación, e non faga nada do que os cidadáns lle encomendaron a cambio de ocupar a Moncloa”.

O senador socialista esixe ao presidente de España que aproveite a visita á súa terra para explicar ás medidas que está a tomar desde o Goberno e que provocan a asfixia das familias con menos recursos.

“Rajoy debera dedicar a súa visita de mañá a das conta de por que vai reducir prestacións aos parados en lugar de incentivar a creación de emprego, por que axuda aos bancos e o teñen tan difícil para cobrar os afectados polas preferentes, por que os pensionistas teñen que soportar os axustes da Sanidade, camiño de ser menos pública cada día, e por que os Estudantes non só pagarán os axustes na Educación, senón que volverán a ver como as oportunidades de estudar serán diferentes para ricos e pobres”.

Pablo García continuou pedindo explicacións a Rajoy pola falta de compromiso para impulsar a contratación no sector naval ou a escasa preocupación polo sector pesqueiro, cuxa continuidade depende da negociación da PCP en Bruxelas. O dirixente socialistas reprocha o mandatario popular que esteamos vivindo “ o período de maior confusión e engano deste país”.

O descoñecemento sobre a intervención total ou non a España, logo da pertinaz ineficacia das medidas para controlar a prima de risco; o constante goteo de recortes de servizos e de dereitos, que empobrecen máis ás clases que menos teñen; os xa famosos venres negros; a teimosía do seu Executivo por non combinar os axustes con políticas impulsoras do crecemento describen os período de Goberno de Rajoy en España.

As consecuencias para Galicia non puideron ser peores, apunta o socialista. Logo de tres anos de axustes por adiantado de Feijóo, o presidente galego quere optar a ser o alumno avantaxado de Rajoy.Entre os dous, dí García, “Galicia vai peor que o conxunto de España en todos os datos de conxuntura (crecemento, paro, índice de produción industrial, débeda, etc.)”.

“Os galegos e as galegas non poderemos soportar por mais tempo unha política baseada unicamente no control do déficit e nos recortes na Sanidade e na Educación”, afirma o senador do PSdeG-PSOE. Chamou tamén a atención sobre o feito de que “se un novo recorte e a probable subida do IVE suporán o estrangulamento de decenas de miles de economías familiares de clase media, para as clases máis populares suporá o empobrecemento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar