Recriminan a Feijóo que presuma de políticas sociais cando recortou o 60% dos orzamentos e situou a Galicia á cola das listas de espera de atención á dependencia

Recriminan a Feijóo que presuma de políticas sociais cando recortou o 60% dos orzamentos e situou a Galicia á cola das listas de espera de atención á dependencia

Recriminan a Feijóo que presuma de políticas sociais cando recortou o 60% dos orzamentos e situou a Galicia á cola das listas de espera de atención á dependencia

A deputada Beatriz Sestayo reproba que Feijóo “sen ruborizarse e diante dos afectados presuma e minta sobre a xestión en discapacidade e políticas sociais”

Recorda ao xefe do Executivo que, en lugar de diálogo coas asociacións, o que existen son denuncias de estas sobre a escasa ou nula integración laboral ou atención á dependencia das persoas con discapacidade

Os socialistas critican que os populares nunca levaron a iniciativa nesta materia, como o demostra que aprobasen a Comisión de Discapacidade hai tan só 15 días ou que saquen agora o anuncio da Lei de Accesibilidade, como “cada vez que se aproxima unha campaña electoral”, reprocha Sestayo a Feijóo

A parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo, ven de criticar “ a capacidade do Presidente Feijóo para contar sen ruborizarse e diante dos propios afectados as mentiras da súa xestión en materia de políticas sociais e discapacidade”.

Para a deputada socialista “resulta incrible” a facilidade con que o Presidente da Xunta “se autocoroa campión das políticas sociais”, cando a realidade galega demostra todo o contrario.

Sae ao paso así a portavoz de Servizos Sociais do Grupo Socialista ás manifestacións do xefe do Executivo galego ante Real Padrodado sobre Discapacidade, onde presumiu sen remordementos das políticas que aplicaron os populares en Galicia”, cando, en realidade, e segundo os socialistas “o que sucedeu foi que reduciron os Orzamentos en Políticas Sociais preto do 60% nestes tres anos de mandato”.

Reproba a socialista que a xestión de Feijóo e o seu Goberno sitúe a Galicia de “segundos pola cola” en listas de espera para atención á dependencia.

Do único que pode presumir Feijóo, ironiza Sestayo, é de “ter destruído os equipos de inclusión social, ou as oficinas de inmigración, ou de ter rebaixado un 60% a loita contra a pobreza”, recrimina Beatriz Sestayo ao Presidente galego.

Reprocha a Núñez Feijóo “que volva sacar da chistera” a lei de Accesibilidade, que “retorna á actualidade cada vez que se achegan unhas eleccións, como xa fixera hai tres anos”.

Para a deputada socialista é “verdadeiramente sorprendente” que o xefe do Executivo autonómico se “atreva a falar diante dos representantes dos afectados” de diálogo coas asociacións e colectivos de discapacitados. Recórdalle a deputada socialista que “grazas á súa nefasta xestión” a inserción laboral dos discapacitados en Galicia descendeu “ata puntos dramáticos”, o que levou a varias asociacións á denuncia activa contra a Xunta.

A parlamentaria socialista lembra ademais as denuncias sobre a “nula atención da Xunta en materia de atención á dependencia a persoas discapacitadas” por parte das asociacións.

E tampouco concede a Beatriz Sestayo a Feijóo nin ao PP a “máis mínima iniciativa” en esta materia. Serva como exemplo, aduce a deputada socialista, que a creación da Comisión Parlamentaria de Discapacidade só foi aceptada polo Grupo Popular, hai 15 días, na penúltima Xunta de Portavoces.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar