Recriminan a Feijóo que, en 50 días, en lugar de propoñer solucións se dedicara a preparar a sucesión

Recriminan a Feijóo que, en 50 días, en lugar de propoñer solucións se dedicara a preparar a sucesión

Recriminan a Feijóo que, en 50 días, en lugar de propoñer solucións se dedicara a preparar a sucesión

O Secretario de Organización, Pablo García, condena a falta de compromiso de Feijóo co emprego, critica que o PP en campaña falara da lexislatura do emprego e o presidente galego vaia atrasando este obxectivo ata 2016

O Secretario de organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, ven de reprochar ao PP e ao seu Presidente, Núñez Feijóo que, desde que gañaran as eleccións o titular do Executivo galego non fixera unha soa proposta de solución aos problemas das galegas e os galegos, que ven como estes aínda se acrecentan.

Coincidindo cos 50 días das eleccións, o dirixente socialista recrimina ao Presidente galego que tivera tempo para viaxar por Arxentina, Brasil, Madrid ou Barcelona, pero “non se deixou ver” por Galicia. Critica Pablo García que a única reunión de Feijóo, a que convocou ao sector lácteo, se tivera producido aos 48 días da súa elección.

Os socialistas condenan o continuísmo do Goberno de Feijóo, limitando os cambios no Gabinete “a un mal conselleiro, por un amigo persoal”, ao que García considera que o anterior responsable de Industria “non lle deixa o listón moi alto”.

En definitiva, Feijóo cambiou un conselleiro, colmou a aspiración de Rueda de ser vicepresidente e preparou o seu camiño para Madrid, resume así Pablo García os “50 días de celebracións, nos que non houbo unha soa proposta ou plantexamento para a solucións dos problemas dos galegos”, reiterou o responsable de Organización da Executiva dos socialistas galegos.

García puxo o acento da crítica dos socialistas ao arranque de lexislatura de Feijóo na falta de compromiso co desemprego. “Feijóo pasou de prometer na campaña electoral que esta ía ser a lexislatura do emprego, no debate de Investidura retrasaba ese compromiso ata 2015 e esta mesma fin de semana, nunha entrevista, xa falaba do horizonte de 2016”. A realidade é que, mentres Feijóo está nunha estratexia de “tirar a pelota cara adiante”, hoxe temos 8.524 parados máis neses 50 días, desde a elección de Feijóo, superando a cifra dos 276.500 desempregados. Galicia é a cuarta comunidade autónoma na que máis medra o desemprego.

“Temos un problema grave, aínda que Feijóo non o queira ver”, denuncia García. Aos miles de parados hai que sumar o alongamento cada vez maior da lista de persoas que continúan sen emprego logo de rematar o período de prestación. Hai tamén 85 traballadores de Paradores que se decataron tamén e outros oitocentos que temen correr a mesma sorte. Temos 735.000 pensionistas que descubriron que non lles van actualizar as pensións e “se senten enganados”.

Os socialistas consideran que “os problemas son especialmente graves”, e por iso esperaban a conformación dun goberno “escepcional”, con capacidade para atallalos. Pero Feijóo optou pola continuidade onde brilla a figura do Presiente, pero por facer“o papel do vesgo no país dos cegos”, acusou García.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar