Recriminan a actitude colaboracionista de Feijóo ante a deriva ideolóxica do goberno de España

Recriminan a actitude colaboracionista de Feijóo ante a deriva ideolóxica do goberno de España

Recriminan a actitude colaboracionista de Feijóo ante a deriva ideolóxica do goberno de España

O Portavoz socialista, Abel Losada, considera esclarecedoras as declaracións do Presidente galego afirmando que os servizos públicos deben ser máis delgados e menos custosos

Anunciou que o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, preguntará na Sesión de Control sobre os recortes, que en Galicia sufriremos por partida dobre

Galicia sufriu o “ensaio clínico” dos recortes do PP, de 800 millóns de euros en Sanidade e Educación. Agora Rajoy pretende aplicar a “terapia de choque”, por motivos ideolóxicos, xa que os datos económicos non xustifican esta segunda fase de recortes, advirten os socialistas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, ven de anunciar que a pregunta do Presidente do Grupo e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ao Presidente na Sesión de Control do Pleno desta semana irá encamiñada a coñecer a repercusión dos recortes anunciados polo Goberno de España en materia de Sanidade e de Educación nos ingresos e nos gastos dos cidadáns de Galicia.

O portavoz parlamentario socialista cualificou as declaracións de Núñez Feijóo aos medios de comunicación como “toda unha declaración de intencións da orientación ideolóxica, o criterio e o concepto que ten o Presidente da Xunta sobre os servizos públicos e a propia administración autonómica”. O titular do Executivo autonómico dixo este fin de semana que estes servizos tiñan que ser máis delgados e menos custosos.

Considera Losada que se trata do anuncio “dunha liña de actuación ideolóxica clara de progresiva desaparición do que son as competencias e o seu goberno para todos os galegos”. O socialista manifestou unha fonda preocupación por este discurso de Feijóo, que “ataca claramente os conceptos de equidade, de redistribución e de xustiza social”. Denuncia a “deriva que está tomando o Goberno da Xunta cun “recorte sistemático e planificado” do Estado do Benestar, amparado en coartadas de carácter económico.

O deputado socialista afirma que Galicia, nestes tres anos de Goberno popular, sufriu o “ensaio clínico” dos recortes que o Partido Popular está a aplicar agora no conxunto de España. En cifras, este ensaio supuxo máis de 400 millóns de euros en Sanidade, outros 400 millóns de euros en Educación e unha caída moi importante dos profesionais relacionados con estes servizos.

Advirte que agora chega o paso seguinte. É o momento de aplicación da “terapia de choque”, inducida desde o Goberno de Rajoy e que Feijóo “acepta colaborador e compracente”.

Sen embargo, os socialistas insisten en que os datos económicos “non avalan esta segunda liña de recortes en Sanidade e Educación” en Galicia. O cálculo feito polo portavoz socialista cifran en 71 millóns de euros as necesidades de recorte para esta comunidade no ano 2012.

Losada afirma que os galegos e as galegas, que xa pasamos polos recortes dos “ensaios clínicos” ímonos ver “inxusta e dobremente recortados”, nunha comunidade coa renda media por baixo da española, coa poboación envellecida, coa maior porcentaxe de pensionistas e coa pensión media máis baixa do Estado.

DERIVA IDEOLÓXICA QUE PERSEGUE DESMANTELAMENTO E PRIVATIZACIÓN DO ESTADO DE BENESTAR

Acusa Abel Losada aos populares de estar introducir a Galicia e a España nunha “deriva ideolóxica de desmantelamento do Estado de Benestar” que non é máis, advirte, que o medio para a privatización do mesmo. Lamenta que o presidente Feijóo o acepte “cegamente” este intento de segmentación da Sanidade empurrando as clases medias e ricas cara a privada, quedando a pública para á poboación de menos recursos. Recorda que este negocio en Galicia move 3.600 millóns de euros anuais.

Citou Losada ao ministro laborista inglés, Nye Bevan, creador en 1948 do Sistema Público de Saúde británico nun momento de conxuntura económica difícil como os anos posteriores á Segunda Guerra Mundial: “Un sistema sanitario público e gratuíto é un exemplo triunfante da acción colectiva e da iniciativa pública aplicada a un segmento da sociedade no que se manifesta a peor cara dos principios comerciais”.

Esta segunda fase de recortes, dobremente inxusta para Galicia, só se xustifica desde o plano ideolóxico da dereita, porque, segundo explicou o Portavoz do Grupo Socialista, os datos económicos demostran que é “perfectamente prescindible”. O PIB no último ano medrou un 0,3%, o recorte orzamentario en Sanidade foi do 4,9% e do 6,9% en Educación. Neste marco se demostra que “hai unha decisión de carácter ideolóxico para recortar os servizos públicos esenciais, provocando a súa segmentación e posterior privatización”, unha estratexia “moi ensaiada” pola dereita europea nos últimos trinta anos, recorda Losada.

O PIB de Galicia de 2009 a 2011 medrou un 4,3% en termos reais, a poboación baixou un 0,7%, como conclusión, a riqueza global do país mostra que, con políticas fiscais claramente redistributivas era posible minimizar os recortes necesarios e, sobre todo non dirixilos aos servizos públicos esenciais. Unha iniciativa que materializaron os socialistas nas propostas de resolución do Debate de Autonomía.

Conclúe o Portavoz socialista que o Presidente Feijóo ten que explicar no Parlamento a decisión ideolóxica de desmantelar a Sanidade e a Educación como servizos públicos de Galicia e por qué se comporta como colaborador necesario para esa política do Goberno de España que non é en absoluto necesaria para Galicia.

Insiste en que hai vías para axustar gasto e de incrementar a presión fiscal cunha perspectiva de equidade e redistribución, sen necesidade de pagos de receita por parte dos pensionistas, que cobran de media menos de 600 euros, ou de incrementar ata nun 200% as matrículas universitarias, creando unha barreira de entrada aos alumnos con menos ingresos ao ensino superior, o mecanismo de mobilidade ascendente máis importante nas sociedades contemporáneas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar