Recorte súbito do servizo de logopedia a mais de 200 doentes de Vilagarcía

Recorte súbito do servizo de logopedia a mais de 200 doentes de Vilagarcía

Recorte súbito do servizo de logopedia a mais de 200 doentes de Vilagarcía

Carmen Acuña presenta unha pregunta oral na Cámara autonómica na que denuncia esta decisión drástica tomada pola Xunta sen ser anunciada nin dar explicacións

A parlamentaria socialista Carmen Acuña ven de presentar na Cámara autonómica unha pregunta oral para que a Xunta dea conta do recorte súbito á metade do servizo de logopedia en Vilagarcía. Sinala que esta decisión, que afecta a máis de 200 doentes, foi tomada hai quince días de xeito drástico “sen ser anunciado previamente e sen ter ofrecido explicación algunha a día de hoxe”.

Acuña esixe ao goberno galego que explique no Parlamento os motivos para tomar esta decisión, así como quén foi o responsable, xa que a falla de información cos afectados resulta, dixo, “de todo punto inaceptable” e “non sabemos si é decisión da xerencia sen ter en conta o criterio do especialista”. Tamén reclama que expliquen si esta medida está a ser tomada en outras áreas sanitarias e durante cánto tempo vai perdurar.

A responsable socialista explicou que hai agora quince días, os doentes que recibían tratamento de logopedia atopáronse no seu centro, dun día para outro, cun cartel que anunciaba a redución á metade de tódolos tratamentos. Sinala que os propios especialistas que diagnosticaron a terapia amosaron a súa sorpresa e o seu descoñecemento, ademais do desacordo coa decisión.

Engade que, unha vez posto en coñecemento da inspección do Sergas, estes negáronse a dar explicacións “alegando a ausencia da inspectora”, co que os afectados mantéñense “moi preocupados por esta redución no tempo da súa terapia que nin sequera saben quén decidiu”, polo que se viron abocados a presentar mesmo denuncia diante do Valedor do Pobo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar