Recorte radical das axudas da Xunta ás políticas sociais nos concellos

Recorte radical das axudas da Xunta ás políticas sociais nos concellos

Recorte radical das axudas da Xunta ás políticas sociais nos concellos

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, presentará no Pleno do Parlamento da próxima semana unha proposición non de Lei para que a Xunta rectifique no “recorte radical” do 80 por cento das axudas aos concellos para políticas sociais. Reclamará a recuperación “como mínimo” da cobertura orzamentaria de 2009 diante do “maior recorte de servizos sociais da historia da democracia”.

Os socialistas galegos esixirán ao goberno galego que manteña os programas, actuacións e servizos dependentes do Plan Concertado –que financia os servizos sociais dos concellos con aportacións da Xunta e do Goberno central- que existían no ano 2009. Advertiu que mentres o goberno central mantén os investimentos que lle corresponden, a Xunta as ten recortado ata o 80 por cento dende a chegada de Feijóo á Xunta.

Sestayo instou ao PP a “seguir o exemplo” da Deputación de Ourense, que este venres aprobou unha moción socialista para esixir á Consellería de Traballo e Benestar “que non leve a cabo nin un só recorte en servizos sociais e que todas as axudas se restablezan tal e como estaban o ano pasado”. Esta iniciativa salientaba o “brutal recorte” que “amosa a verdadeira faciana da dereita” e acusa a Feijóo de “atacar aos máis débiles”.

Explicou que os recortes do goberno galego “abandona aos concellos que mais o necesitan” así como aos grupos sociais en maior risco de exclusión que son “os mais afectados pola crise” ou mais illados xeograficamente. Sinalou que a actuación de Feijóo supón un “ataque á xugular das políticas sociais” que pon ademais en perigo preto de 3.000 postos de traballo dos profesionais que prestan este servizo.

Así, poñen en perigo a continuidade por exemplo do Consorcio de Ordes, onde o investimento pasará de 80.000 euros a 9.000, ou os de Amoeiro e Lugo, que verán reducido o seu orzamento nun 93 e un 74 por cento,  respectivamente.

Sestayo critica que a chegada de Feijóo á Xunta “ven supoñendo un ataque directo ao Plan Concertado”, xa que, malia aos anuncios da conselleira de Benestar, os recortes “están a asfixiar aos concellos e sobre todo ás persoas que precisan deste plan para acadar unhas mínimas condicións de benestar”.

 Desaparecer programas

 A actuación do Goberno galego, explicou, “impiden novas altas e fan desaparecer os programas que dependen del”, tal e como teñen denunciado os concellos galegos e os profesionais do sector. Sinalou que “os anuncios da Consellería sobre o Plan Concertado son tantos como os incumprimentos contrastables e acreditados” nas súas responsabilidades.

A responsable socialista advertiu que “sen Plan concertado non poderían existir os servizos públicos sociais que existen na actualidade”, xa que constitúe un “instrumento fundamental para a colaboración e coordinación entre as administracións con competencias en políticas sociais co fin de prestar servizos públicos” e “garantir o benestar das persoas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar