Recorte de prazas no tren Vigo - A Coruña

Recorte de prazas no tren Vigo - A Coruña

Recorte de prazas no tren Vigo – A Coruña

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presentou unha iniciativa parlamentaria sobre o recorte de prazas na liña ferroviaria do Eixo Atlántico, entre Vigo e A Coruña, a máis importante de Galicia. o responsable socialista advirte que “moitas persoas vense imposibilitadas de viaxar, especialmente os venres e luns de cada semana”.

Sinala que “o Goberno galego non pode ser alleo a esta situación que afecta á cidadanía galega e a moitos turistas que visitan a nosa comunidade, e debe demandar do Goberno do Estado unha pronta solución ao respecto”. Pregúntalle á Xunta así polas medidas previstas “para que os usuarios e usuarias non volvan ter problemas á hora de comprar billetes neste tramo ferroviario”.

O responsable socialista amosa a súa sorpresa pola redución no número de prazas, que afecta principalmente aos días de máis intensidade de viaxeiros, os luns e venres, “polo que moitas persoas, a maioría estudantes e traballadores que utilizan diariamente este medio de transporte, vense imposibilitadas de viaxar”.

Así, os usuarios observan atónitos como os primeiros trens da mañá do luns e as tardes do venres non teñen praza, unha situación que “mesmo afecta a aquelas persoas que van o día anterior a facer a súa reserva de praza e que en moitas estacións non funciona nin sábados nin domingos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar