Recorte de 180.000 euros nas axudas da Xunta para Down Galicia con premeditación e alevosía

Recorte de 180.000 euros nas axudas da Xunta para Down Galicia con premeditación e alevosía

Recorte de 180.000 euros nas axudas da Xunta para Down Galicia con premeditación e alevosía

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, presentou hoxe en Comisión parlamentaria o recorte de 176.670 euros nas axudas para fomento do emprego destinadas á fundación Down Galicia polo goberno galego. Advertiu que esta decisión impedirá contratar a 10 profesionais que atenden a 658 persoas en toda Galicia.

Blanco censurou a “nocturnidade e alevosía” da Xunta á hora de levar adiante os retallos sobre uns profesionais que se dedican a apoiar ás persoas con síndrome de Down na súa inserción laboral, formación prelaboral e fomento da vida independente. Esixiu o incremento do orzamento para “chegar a tódalas entidades que sempre realizaron estes servizos” e acusou ao goberno galego de proporcionar “axudas insuficientes”.

A responsable socialista sinalou que este recorte “é a gota que colma o vaso do desinterese deste goberno pola inclusión das persoas con discapacidade” que considera “a peza máis importante para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

Sinalou a relevancia especial da empregabilidade das persoas con discapacidade logo de explicar a difícil situación laboral destas persoas sinaladamente en Galicia, coa taxa de actividade máis baixa do Estado, un 27,8 por cento que significa un 21 por cento menos de activos que a media estatal, de acordo co Informe específico do INE.

Segundo o Observatorio do Mercado de Traballo da Fundación ONCE, estas persoas teñen un salario 3.542 euros menor ao resto da poboación, unha situación que resulta “aínda menor no caso das enfermidades mentais”. Ademais, dixo, só o 11,6 por cento teñen formación superior en Galicia, 3,7 puntos por debaixo da media estatal e 23 do resto da poboación galega.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar