Recoñecemento de culpa polos incendios: Feijóo cambia a Lei de Montes a través dos Orzamentos para 2018

Recoñecemento de culpa polos incendios: Feijóo cambia a Lei de Montes a través dos Orzamentos para 2018

Recoñecemento de culpa polos incendios: Feijóo cambia a Lei de Montes a través dos Orzamentos para 2018

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, desgranou hoxe os orzamentos da Xunta para 2018, que considera “continuístas” e que “reflicten un proxecto esgotado, demostrando falla de creatividade”. O responsable socialista puxo o foco sobre os cambios lexislativos que a Lei de Acompañamento provoca na Lei de Montes logo da vaga de lumes e na caída de orzamentos nun 2,27 por cento para Protección Civil.

O responsable socialista criticou uns orzamentos que demostran “falta de ambición por facer cousas e dun proxecto de país”, xa que ofrecen un ton “continuísta, que segue obsesionado polo axuste e a consolidación do déficit”. Así sucede por exemplo no cadro macroeconómico, que condena a Galicia a unha “forte desaceleración do crecemento”, peor en 2018 que no ano actual, e que é trasladado á creación de emprego.

No actual contexto, dixo, a previsión de crear 17.500 novos postos de traballo son “malas novas” porque supón que Galicia tardará como mínimo ata 2024 para acadar o nivel de emprego anterior á crise, que España xa está conseguindo este mesmo ano.

Fernández Leiceaga explicou que a “obsesión absurda por se os alumnos máis aplicados do déficit” leva a que Feijóo deixe de utilizar, por segundo ano consecutivo, 60 millóns de euros cos que podería contar de esgotar o teito de gasto. Uns ingresos que permitirían reforzar o mercado laboral, a formación de desempregados, ou investimentos que permitiran reactivar as infraestruturas públicas.

Acusou ao goberno galego de impoñer unha sorte de “clientelismo fiscal” reducíndolles a carga en forma de “regalos fiscais” a “determinados sectores para conseguir rédito electoral” sen que iso supoña a redución das desigualdades fiscais nin teña impacto sobre a equidade ou a eficiencia. Mentres, advertiu, “aumentan a fiscalidade indirecta, a que pagamos todos, en lugar de garantir a progresividade” no pago de impostos.

O portavoz socialista advertiu a unha Xunta “contenta de ter menos recursos, que non quere ter que decidir onde gastar” porque “Feijóo cre que iso está ben valorado nos círculos de Madrid” pero que condena a reactivación económica de Galicia.

Servizos públicos

Ademais, carece dun “plan consistente para a mellora dos servizos públicos”, cunha redución de gasto efectivo na Universidade, reducindo os recursos so SUG, e no campo da educación tan só aumentan as partidas para os concertos educativos, ofrecendo un “sesgo ideolóxico moi claro” desatendendo ao ensino público.

En Sanidade, mentres, realizan un “esforzo extremadamente insuficiente, ofrecendo tan só 100 novos contratos de médicos, un “pequeno paliativo que non resolve nada”, mentres suspenden os investimentos relevantes en centros de saúde.

Tamén suspende na modernización económica de Galicia, cun proxecto carente dun “plan consistente” no que os programas para conseguir máis recursos son “intranscendentes” mentres “os fondos que había non se executan”. Neste sentido, sinalou que mentres o Igape aumenta os seus recursos en 18 millóns, simultáneamente as partidas para desenvolvemento industrial diminúen un 18 por cento.

Tampouco hai, dixo, novos proxectos para infraestruturas, cun orzamento centrado en “completar e cubrir os proxectos en marcha, pero sen facer ningún esforzo para poñer en marcha proxectos futuros”.

Lei de Montes

Si que hai un cambio importante, advertiu, na Lei de Montes de Galicia, a través da coñecida como Lei de Acompañamento, que o goberno quere facer “de maneira silenciosa” polo que ten de “recoñecemento de culpa” polos lumes da pasada fin de semana. A Xunta modifica a regulación dos compromisos de particulares, concellos e goberno galego sobre as franxas de seguridade ao carón das infraestruturas e dos núcleos de poboación.

Isto supón, dixo, “que hai un problema de fondo que a Xunta non acometeu antes”, e que o fai agora “sen que estea acompañado dos cambios necesarios para que poida cumprirse con máis recursos públicos”. Criticou ademais que, “logo da que caeu” no sur de Pontevedra e Ourense fundamentalmente, a Xunta decida reducir os recursos destinados a Protección Civil nun 2,27 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar