Recollen as denuncias dos traballadores de POVISA e esixen ao SERGAS que garanta o mantemento estándares de atención aos pacientes

Recollen as denuncias dos traballadores de POVISA e esixen ao SERGAS que garanta o mantemento estándares de atención aos pacientes

Recollen as denuncias dos traballadores de POVISA e esixen ao SERGAS que garanta o mantemento estándares de atención aos pacientes

Carmen Acuña recibiu hoxe en Santiago a unha representación de traballadores do centro hospitalario vigués

POVISA da beneficios e os seus directivos subíronse o soldo un 200%, os traballadores reciben recortes de horas e dispérsaselles o horario, o que afecta directamente á calidade do servizo

O Grupo Socialistas recibiu a unha representación dos traballadores do hospital vigués POVISA. Os representantes sindicais trasladaron á portavoz de Sanidade, Carmen Acuña, a denuncia de recortes de salarios e de horarios no centro.

Como consecuencia destas medidas, nomeadamente a redución de 47 a 35 as horas de traballo, estanse a producir deficiencias na atención aos pacientes. A dispersión polo calendario das horas de traballo fai que cando o persoal se incorpora descoñeza o protocolo que se ven seguindo con cada paciente.

Ao tratarse POVISA dun centro que presta servizos dentro do Sistema Galego de Saúde, consideran que o Goberno galego debe exercer a súa responsabilidade para que se cumpran en todos os seus centros, incluído este hospital vigués, uns estándares de calidade e espera na atención e unha mesma carteira de servizos aos pacientes.

Tamén é de esperar do SERGAS “non sexa cómplice” das condicións laborais ás que se está a someter ao persoal de POVISA e da explotación laboral que exerce a empresa.

Os traballadores informaron que, mentres os recortes no soldo de ata o 40% se ceba no persoal, POVISA obtivo beneficios no último exercicio, e o salario dos directivos incrementouse ata nun 200%.

Carmen Acuña, no nome do Grupo Parlamentario Socialista, compartiu as reflexións dos traballadores sobre a necesidade de que a Xunta procure o cumprimento dos estándares de calidade na atención aos pacientes. A portavoz de Sanidade comprometeuse a elevar as súas reivindicacións ao Goberno galego a través de iniciativas parlamentarias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar