Reclámanlle á Xunta que desautorice a fumigación de eucaliptos cun pesticida prohibido pola UE

Reclámanlle á Xunta que desautorice a fumigación de eucaliptos cun pesticida prohibido pola UE

Reclámanlle á Xunta que desautorice a fumigación de eucaliptos cun pesticida prohibido pola UE

Sonia Verdes sinala que a Xunta está a empregar o flufenoxurón, un pesticida tóxico que será retirado do mercado en agosto

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, ven de reclamarlle á Xunta que desautorice a fumigación de eucaliptos co pesticida flufenoxurón. Verdes presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura celebrada hoxe, na que lembrou que este produto é tóxico, está prohibido pola Comisión Europea, será retirado do mercado en agosto.

A parlamentaria socialista reclamoulle á Xunta que desautorice a fumigación con este produto, comercializado baixo o nome de Cascade, e empregado para a loita contra a praga do “gurgullo do eucalipto” en Galicia, así como para o seu uso no control doutras pragas vexetais e que foi autorizado na Mesa da Madeira do pasado 3 de abril.

Tamén reclama que o Goberno galego leve a cabo “cantas accións sexan necesarias para prohibir o uso do pesticida, suspendendo a moratoria para a súa retirada, tendo en conta os seus efectos inadmisibles para o compartimento acuático e as súas características que fan persistente, bioacumulable e tóxico” e que mesmo “prexudica á saúde humana”.

Abellas

Advertiu que o uso deste pesticida coincide coa desaparición de colonias de abellas, afectando nalgúns casos ao 70 por cento da poboación, que presentan ao tempo comportamentos anómalos que cursan con desorientación e a posterior desaparición das abellas das colmeas”.

Verdes apunta que os apicultores atribúen a desaparición das abellas á utilización de pesticidas na agricultura e nos tratamentos forestais para a loita contra as pragas, e alertan do importante papel que exercen na polinización das plantas, garantindo o mantemento da biodiversidade e dos cultivos na alimentación humana.

Sinalou que as abellas polinizan o 40 por cento dos froitos e legumes consumidos polo home, garantindo a salvagarda da biodiversidade e dos cultivos. Ademais, explicou que actualmente hai en Galicia 100.000 colmeas que realizan unha actividade sustentable, cuxa produción está amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e que comercializa 300.000 quilos anuais de mel.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar