Reclamanlle á Xunta o incremento dos medios para o sistema de arbitraxe dos afectados pola estafa das preferentes

Reclamanlle á Xunta o incremento dos medios para o sistema de arbitraxe dos afectados pola estafa das preferentes

Reclamanlle á Xunta o incremento dos medios para o sistema de arbitraxe dos afectados pola estafa das preferentes

Os socialistas reclaman á Xunta coñecer os perfís para acudir á arbitraxe e esixen cobertura gratuíta para as persoas que carezan de recursos para acudir á Xustiza

Para Gallego non hai impedimento legal ou económico para resolver o problema das preferentes e as subordinadas mediante a arbitraxe. Trátase dunha cuestión ideolóxica do PP

Acusou ao Conselleiro de indignar coas súas mentiras aos afectados que viñeron á Cámara, se manifestan na rúa e se pechan en concellos e oficinas na procura de solucións

A parlamentaria socialista Carmen Gallego defendeu hoxe no Pleno da Cámara unha moción na que lle esixe ao Goberno de Feijóo “que dote con mais medios humanos e materiais o sistema de arbitraxe establecido no Instituto Galego de Consumo”, co obxecto de axilizar os procedementos e incluír a todas as persoas afectadas pola estafa.

Gallego reclamou ao goberno galego que faga públicos os criterios de inclusión e exclusión no procedemento a fin de transparentar a súa concesión, e solicitou asesoramento xurídico para todas aquelas persoas estafadas que así o requiran “para poder demandar xudicialmente ás entidades financeiras”.

A responsable socialista solicitou finalmente que se esixa de NGB que notifique a súa situación actual a tódalas persoas que subscribiron participacións preferentes ou obrigas subordinadas.

A pesares de que o cambio de postura do PP no Congreso, onde “a presión cidadá obrigoulle a un cambio de orientación do voto” e aprobar a toma en consideración da ILP sobre desafiuzamentos, fixo albergar a Carmen Gallego algún cambio de actitude no Grupo Popular no Hórreo, a realidade foi que o grupo que sustenta ao Goberno votou en contra da moción socialista.

Todo elo a pesares de que, como no caso da Iniciativa Lexislativa Popular, a moción recolle “un clamor dos milleiros de galegas e galegos estafados pola comercialización fraudulenta polas preferentes e as subordinadas”.

Gallego reprochou ao Conselleiro de Economía que, na súa comparecencia, non fose capaz de explicar os perfís, ou si se mantería no tempo a arbitraxe logo das quitas, nin os datos acerca dos servizos e recriminoulle que negase que se ralentizara a arbitraxe despois das eleccións. “Pero esa semana non houbo actividade dos árbitros de consumo” sinalou a deputada socialista. “Estrenouse en sede parlamentaria enganando aos representantes da soberanía popular”, espetoulle Gallego.

Acusou aos populares de “rozar os ridículo, o esperpento” ao pretender seguir “sacándose do medio” botándolle a culpa ao Goberno de Zapatero. “O que pensan os afectados xa llo dixeron en directo”, en alusión ao acontecido na Tribuna de Convidados da Cámara a raíz da comparecencia do titular de Economía.

“Non hai impedimento legal ou económico para resolver o problema pola arbitraxe”, afirmou Gallego. “Teñen un problema ideolóxico”, dixo aos populares, aos que acusou de “en lugar de defender redeiras, xubilados, estudantes, prefiren defender ás empresas que investiron no capital de NGB”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar