Reclámanlle a Feijóo que “dea a cara” e explique as referencias ao PP de Galicia nas facturas de Bárcenas

Reclámanlle a Feijóo que “dea a cara” e explique as referencias ao PP de Galicia nas facturas de Bárcenas

Reclámanlle a Feijóo que “dea a cara” e explique as referencias ao PP de Galicia nas facturas de Bárcenas

Abel Losada presenta unha “posición construtiva” para recuperar a asistencia da cidadanía aos plenos do Parlamento pero rexeita “filtros previos” da Presidencia da Cámara

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle ao presidente da Xunta e do PPdeG que “dea a cara” e explique a presenza de alusión ao PPdeG nas facturas de Bárcenas feitas públicas hoxe. Esixiulle ao presidente da Xunta que aplique “luz e taquígrafos” e “cando menos intente non enganar aos galegos e galegas” de novo.

Losada dixo que tanto o PP como o seu presidente “teñen que dar conta aos cidadáns” de Galicia e reclamoulle que aplique a transparencia da que presume. Subliñou que “xa vimos cómo no caso Dorribo non houbo luz nin taquígrafos nunha entrevista planificada –co empresario imputado- na que se deron subvencións ilegais”.

Dixo que o presidente do goberno, Mariano Rajoy, debe “dar a cara”, e o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, “debe dimitir” logo de evidenciarse que o ex tesoreiro do PP utilizou a súa amnistía fiscal para blanquear diñeiro. Dixo que esta amnistía resulta “inmoral” malia que a fraude fiscal fora “jaleada e aplaudida por un PP cando un compañeiro seu dixo no Parlamento de Galicia que estaba xustificada en tempos de crise”.

Sinalou que “agora entendemos os seus aplausos e risas nese momento” cara unha medida que serviulles para blanquear “diñeiro en B que evidentemente procede de actividades non rexistradas, non declaradas e presuntamente ilícitas”. Dixo que Rajoy “ten que explicar qué pasou no PP en termos de financiamento ilegal” e rexeitou a “retórica e exercicio de ocultación” que supón unha auditoría “á carta” como teñen anunciado.

Acordo no Parlamento

O responsable socialista adiantou ademais hoxe a súa “posición construtiva” diante da xuntanza de portavoces á que convocou a presidenta do Parlamento para tratar o peche de portas da Cámara autonómica. Dixo que “defendemos vías de participación da cidadanía abertas a través dos grupos parlamentarios, na liña que se viña mantendo dende fai moito tempo”.

Losada rexeitou sen embargo “filtros previos a través a Presidencia do Parlamento” para estas visitas, polo que reclama que os grupos parlamentarios poidan seguir convidando á cidadanía libremente. Acusou á presidenta do Parlamento de utilizar unha “pretendida orde pública” para “agochar o descontento, malestar e os problemas dos cidadáns” coas políticas desenvoltas por Feijóo na Xunta de Galicia.

Ademais, instou ao PP a “aclararse” por canto “non pode ser que cando hai problemas no Pleno do Concello de Vigo o seu portavoz diga que é responsabilidade do alcalde e cando hai problemas no Parlamento de Galicia os responsables sexamos os grupos da oposición”. Lamentou que o PP estea “especialmente interesado en manter o Parlamento o mais blindado posible dos problemas da rúa”.

Finalmente, considerou “sorprendentes” as declaracións de Paula Prado sobre a remuneración da oposición porque é “unha persoa que utiliza o Parlamento e o seu salario para conspirar no Concello de Santiago” quen agora “pide responsabilidades no cumprimento do traballo e as remuneracións aos outros grupos”. Lembrou que os parlamentarios socialistas “estivemos todo o día traballando dende os nosos despachos do Parlamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar