Reclámanlle a de Guindos que supedite a solución á fraude das preferentes a calquera cambio na situación accionarial de NGB

Reclámanlle a de Guindos que supedite a solución á fraude das preferentes a calquera cambio na situación accionarial de NGB

Reclámanlle a de Guindos que supedite a solución á fraude das preferentes a calquera cambio na situación accionarial de NGB

Pablo García insta dende o Senado a que o Goberno asuma a solución aos afectados por este “corralito financeiro” en NGB

Acusa ao ministro de Economía de dar as costas aos milleiros de aforradores galegos afectados pola fraude

O senador socialista Pablo García preguntoulle ao ministro de Economía, Luis de Guindos, sobre a situación dos afectados pola “macro estafa” das participacións preferentes en NGB. O responsable socialista reclamou que “calquera cambio na situación accionarial da entidade quede supeditada á previa solución da fraude”.

García lembrou que o 90 por cento do capital do banco é público a través do FROB, polo que o goberno “non é alleo ás súas operacións”. O senador galego esixiu “unha saída semellante á adoptada para outras entidades intervidas, como por exemplo CajaSur, onde foi aceptado un intercambio das preferentes por outro tipo de produtos que permitiron a recuperación íntegra dos aforros.

http://mortgageeccalculator.com/

Sinalou que “é obvio que existen fórmulas económicas e xurídicas que permiten o reintegro dos aforros afectados”, e apuntou que “hoxe mesmo vemos nun medio de comunicación cómo Bankia ofrecía depósitos a cambio das preferentes a uns 20.000 afectados.

O responsable socialista desafiou ao ministro na sesión de control a expoñer “qué pensa explicarlle a un xubilado que ten os pequenos aforros que logrou ao longo da súa vida neste corralito financeiro mentres os directivos da entidade cobraron millonarias indemnizacións por deixala arruinada”.

Lamentou que o ministro non ofrecera ningunha solución e dera as costas aos milleiros de aforradores galegos atrapados por esta fraude ofrecendo unha solución que supuxera a recuperación íntegra dos seus aforros.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar