Reclaman unha reunión urxente coa SEPI para que aclare o “culebrón” de Pemex e o que vai pasar co dique flotante

Reclaman unha reunión urxente coa SEPI para que aclare o “culebrón” de Pemex e o que vai pasar co dique flotante

Reclaman unha reunión urxente coa SEPI para que aclare o “culebrón” de Pemex e o que vai pasar co dique flotante

Beatriz Sestayo esixiu por segunda vez por escrito á Xunta a entrega dos presuntos contratos asinados por Feijóo para a construción dos floteis, que están a ser desmentidos unha vez máis

As deputadas socialistas Beatriz Sestayo, do Parlamento Galego, e Paloma Rodríguez, do Congreso, reclaman unha reunión urxente cos responsables da SEPI para que aclaren “dunha vez por todas” o que está pasando co “culebrón” de Pemex e o que se vai facer co dique flotante, do que onte mesmo díxose que so se fará “se é viable”.

As parlamentarias socialistas remítense ás informacións publicadas hoxe que veñen desmentir, como denunciara “dende o minuto un” o PSdeG-PSOE, os presuntos contratos asinados por Feijóo e a petroleira, “que xa non sabemos nin qué nome ten, xa que primeiro era Pemex, logo PMI Internacional e agora, polo visto, xa é PMI Norteamérica”, dixo Sestayo. Ademais, confírmase outro dos extremos advertidos polos socialistas durante a campaña electoral: como era lóxico polo carácter público da empresa contratante, os contratos terán que ser adxudicados despois dun concurso público, e non asinados por contrato como fixo “para gañar unhas eleccións” o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Así as cousas, e por segunda vez, a parlamentaria socialista vén de presentar un escrito no que esixe ao Goberno da Xunta de Núñez Feijóo que entregue “xa e sen máis tomaduras de pelo á cidadanía de Ferrolterra” estes presuntos contratos, que lle están a desmentir unha vez máis. No caso de que non se fagan públicos dun xeito inmediato, Sestayo anunciou que iniciará as medidas que ante as institucións e vías que considere oportunas.

Ademais, a deputada autonómica do PSdeG-PSOE, que tamén é secretaria xeral dos socialistas de Ferrol, denunciou as constantes mentiras en torno ao dique flotante, que “unicamente é un compromiso do Partido Popular nas campañas electorais”. Para Sestayo, as declaracións efectuadas onte polo deputado conservador son un exemplo máis da “cara dura” do PP, exemplificada nos compromisos falsos dos dirixentes dese partido o una propia constitución da comisión de seguimento, que o único que está a facer é “dar largas” aos alcaldes e traballadores dos estaleiros e evitar accións claras e contundentes para a construción dunha infraestrutura que suporía un parón á sangría de despedimentos que está a sufrir o naval da ría de Ferrol.

“Os socialistas non estamos dispostos a permitir que o Partido Popular continúe menosprezando, mentindo e ríndose dunha comarca que está a morrer pola desfachatez duns políticos que unicamente están aí para acatar as ordes do seu partido”, manifestou Sestayo. No Parlamento “estamos a ver todos os días como Feijóo toma o pelo a toda a Galicia, pero se algunha é sangrante e dunha envergadura sen parangón, esta é a do naval de Ferrolterra”, afirmou Sestayo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar