Reclaman un pleno extraordinario para que comparezcan todos os conselleiros co fin de coñecer as súas liñas de actuacion

Reclaman un pleno extraordinario para que comparezcan todos os conselleiros co fin de coñecer as súas liñas de actuacion

Reclaman un pleno extraordinario para que comparezcan todos os conselleiros co fin de coñecer as súas liñas de actuacion

Abel Losada denuncia que Feijoo “escamotea a información e escamotea as súas políticas tanto aos cidadáns como ao Parlamento de Galicia”

Afirma que o PP segue a estratexia de sempre “non conta o que vai facer porque iso permítelle saltarse o programa electoral que votaron os cidadáns e facer políticas que dixo que non ía facer”

O Grupo Parlamentario Socialista reclama que se celebre un Pleno extraordinario para que comparezan tódolos Conselleiros do Goberno de Feijoo co fin de coñecer as futuras liñas de actuación futuras da presente lexislatura. Asegura que “é a primeira vez que non se celebra esta comparecencia ao principio de lexislatura”, por iso insiste “os cidadáns deben coñecer o que pensa facer Feijoo ao longo de catro anos”.

O dirixente socialista advirte que “dende o pasado día 28 de novembro, data en que quedaron constituídas as diferentes Comisións parlamentarias do Parlamento de Galicia, non se levou a cabo o seu calendario de actividades, e só se celebrou a comparecencia do Fiscal Xeral para cumprir o tramite nesta data.”

A maiores argumenta que “o pasado día 3 de decembro, os deputados e as deputadas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia solicitaron, polo trámite da urxencia a comparecencia dos membros de goberno nas Comisións correspondentes e Pleno para dar conta das súas liñas de actuación futuras na presente lexislatura, estando, pese ao tempo transcorrido, aínda pendentes de tramitar”.

Losada denuncia que Feijoo “escamotea a información e escamotea as súas políticas tanto aos cidadáns como ao Parlamento de Galicia”. Afirma que o PP segue a estratexia de sempre “non conta o que vai facer porque iso permítelle saltarse o programa electoral que votaron os cidadáns e que dixo que non ia facer”. Sinala que esta folla de ruta da dereita “defenden os intereses privados e os seus beneficios partidarios, en detrimento dos servizos públicos fundamentais”.

Por todo solicitamos a celebración urxente dunha reunión da Deputación Permanente, para que se proceda a convocatoria dun Pleno extraordinario coa seguinte orde do día:

  • Comparecencia do Sr. vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, para informar das liñas de actuación da súa consellería.
  • Comparecencia da Sra. conselleira de Facenda, para informar das liñas de actuación da súa consellería.
  • Comparecencia do Sr. conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para informar das súas liñas de actuación da súa consellería.
  • Comparecencia do Sr. conselleiro de Economía e Industria, para informar das liñas de actuación da súa consellería.
  • Comparecencia da Sra. conselleira de Sanidade, para informar das liñas de actuación da súa consellería.
  • Comparecencia da Sra. conselleira de Traballo e Benestar, para informar das liñas de actuación da súa consellería.
  • Comparecencia da Sra. conselleira do Medio Rural e do Mar, para informar das liñas de actuación da súa consellería.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar