Reclaman un plan estratéxico para o sector téxtil da comarca de Ordes, que perdeu máis de 500 empregos nos últimos 4 anos

Reclaman un plan estratéxico para o sector téxtil da comarca de Ordes, que perdeu máis de 500 empregos nos últimos 4 anos

Reclaman un plan estratéxico para o sector téxtil da comarca de Ordes, que perdeu máis de 500 empregos nos últimos 4 anos

O deputado socialista, José Luis Méndez Romeu, afirma que para a primeira fase custaría menos dun millón de euros, o cal é perfectamente asumible por un IGAPE que no 2011 deixou máis de 113 millóns de euros sen executar

O Grupo Parlamentario Socialista ven de esixir á Xunta de Galicia a elaboración dun Plan Estratéxico para o Sector Téxtil da Comarca de Ordes, que deberá presentarse no Parlamento Galego no prazo de tres meses.

O devandito plan que deberá contemplar medidas de apoio ao financiamento do circulante e do investimento, así como un fondo de avais específico para o sector téxtil, bonificacións de cuotas á Seguridade Social e ter en conta as necesidades de comercialización das empresas do sector. A proposición non de lei socialista foi defendida esta mañá en comisión polo deputado autonómico socialista, José Luis Méndez Romeu.

Méndez Romeu explicou que “dende xaneiro de 2008 téñense perdido 332 empregos no sector téxtil na comarca de Ordes, o que significa un tercio da capacidade productiva desta comarca, mentres que no resto de Galicia o sector medra nun 12%”.

Unha situación que os socialistas consideran especialmente preocupante, pois a eses 332 empregos por conta allea perdidos hai que sumarlle outros 200 correspondentes a pequenos autónomos, polo que, de xeito global, superan os 500 empregos perdidos na comarca.

Unha destrución de emprego motivada, sobre todo, pola competencia polo prezo, que fixo que os talleres da comarca de Ordes fosen substituidos pola deslocalización no estranxeiro, principalmente en países como Marrocos, Romanía, India ou China.

Aposta pola calidade

Ordes é unha comarca de 40.000 persoas que vive principalmente dos sectores gandeiro e téxtil. Os socialistas reclaman apostar desde a Administración autonómica por un emprego de calidade no téxtil. Neste sentido, Méndez Romeu sinalou que “a singularidade da comarca de Ordes esixe unha resposta acaída ás necesidades propias desta zona, onde se destruíu un 35% do emprego neste sector. Existe a posibilidade de recuperar produción de grandes marcas porque en Ordes hai empresas, hai infraestrutura técnica e traballadores cualificados.

Por iso, o Plan Estratéxico para o Sector Téxtil da Comarca de Ordes que instan os socialistas a que poña en marcha a Xunta, deberá incluír as medidas necesarias para o impulso da produción cooperativa en actividades de subcontratación das industrias, considerando as diferentes fases do proceso produtivo e non soamente as de menor valor engadido.

“Non estamos falando de veciñas que traballaban dez horas diarias por unha miseria, senón dun sector que aposte pola calidade”, explicou o socialista, Méndez lembrou que “Ordes chegou a rexistrar máis de 60 pequenas empresas con maquinaria especializada, directivos coñecedores dos procesos e persoal formado”.

Así mesmo, os socialistas solicítanlle á Xunta que facilite a participación de empresas galegas nos procesos de compra estratéxica da administración no sector, permitindo que poidan competir en igualdade de condicións cos grandes grupos comerciais nos concursos para a provisión de roupa de traballo para o Sergas, centros dependentes da Consellería de Benestar, etc.

Segundo o deputado autonómico Xosé Luís Méndez Romeu, “poñer en marcha a primeira fase deste Plan Estratéxico custaría menos dun millón de euros, o cal é perfectamente asumible por un IGAPE que no 2011 deixou máis de 113 millóns de euros sen executar”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar