Reclaman que o rescate a NGB inclúa que os afectados pola fraude das preferentes “non sufran penalizacións”

Reclaman que o rescate a NGB inclúa que os afectados pola fraude das preferentes “non sufran penalizacións”

Reclaman que o rescate a NGB inclúa que os afectados pola fraude das preferentes “non sufran penalizacións”

Juan Carlos Francisco Rivera reclama no Pleno do Parlamento a devolución do total do capital investido e defraudado

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, reclamoulle á Xunta que o rescate a NGB inclúa nas súas condicións que os afectados pola fraude ás preferentes “non sufran penalización pola súa tenencia”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno de hoxe na que reclamou a devolución do total do capital investido e bloqueado pola entidade.

O responsable socialista esixiulle á Xunta que actúe no ámbito do goberno central e diante da UE para que un rescate a NGB, que podería supor un investimento de 10.000 millóns de euros das institucións comunitarias a través do FROB, deixe a salvo de calquera tipo de perda ou penalización aos afectados pola fraude. Explicou que os afectados “non son investidores no mercado de produtos financeiros”.

Juan Carlos Francisco reclamoulle á Xunta que actúe diante do goberno do Estado para modificar o Real Decreto Lei 18/2012, que impide que os afectados poidan canxear as participacións por depósitos a prazo fixo ou garantir o cen por cen dos mesmos, ao facer viable tan só o cambio por accións ou obrigacións.

Dixo que “hoxe os únicos que se están desmarcando son o goberno da Xunta e o goberno central” e afeoulle ao conselleiro de Economía que sinalara que “non se trata dun problema de Galicia”. Explicou que “trátase dun problema moi serio, de país, que esixe que se tomen decisións políticas e só se resolve dende o ámbito da política”, especialmente por canto NGB é hoxe propiedade do FROB nun 90 por cento.

Balóns fora

Criticou que a Xunta “ultimamente insiste en botar balóns fora e situar a responsabilidade en Bruxelas, na persoa de Joaquín Almunia” mentres nin a Xunta de Galicia nin o Goberno central teñen plantexado ningunha solución viable. Advertiu que a súa única proposta, o recurso á arbitraxe “non nos gusta aos socialistas nin aos afectados porque non garante unha solución satisfactoria nin unánime para o conxunto dos afectados.

O parlamentario socialista lamentou que “meses despois de que comezáramos a discutir no Parlamento de Galicia as solucións ao engano das preferentes hoxe seguimos igual”. Dixo que malia que a Cámara autonómica ten aprobado instar á Xunta a ofrecer unha solución a este asunto “hoxe non temos solución nin coñecemos de ningunha proposta factible ofrecida pola Xunta nin polo Goberno do Estado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar