Reclaman o convenio asinado entre a Conselleria de Cultura e a familia Franco para visitar o pazo de Meirás

Reclaman o convenio asinado entre a Conselleria de Cultura e a familia Franco para visitar o pazo de Meirás

Reclaman o convenio asinado entre a Conselleria de Cultura e a familia Franco para visitar o pazo de Meirás

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo anunciou que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica sobre o Pazo de Meirás. Burgo reclama coñecer, mediante a solicitude do Artigo 9, o convenio asinado entre a Consellería de Cultura e a familia Franco, tras facerse publico o acordo entre eles para que este Pazo sexa aberto ao publico.

A deputada socialista asegura que a Xunta parece que esta defendendo os intereses da familia do dictador, xa que correrá cos gastos das empresas que organizan e vixían as visitas. E advirte que a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia obriga aos propietarios do BIC a abrir as portas aos visitantes.

Noutra iniciativa parlamentaria Burgo quere saber quen pagara a empresa Seur, xa que segundo coñecemos polos medios de comunicación é a empresa encargada de xestionalas las visitas. E pregunta tamén quen será o responsable dos textos que se utilizarán os guías que dirixan as visitas?, debido a singularidade histórica do Pazo.

A parlamentaria socialista criticou que se pidan os datos persoais para solicitar unha visita a este Pazo, e ademais que formen parte da base dunha empresa privada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar