Reclaman no Parlamento a derrogación da Lei da Enerxía para que o goberno “deixe de utilizar o recibo da luz como medida de recadación”

Reclaman no Parlamento a derrogación da Lei da Enerxía para que o goberno “deixe de utilizar o recibo da luz como medida de recadación”

Reclaman no Parlamento a derrogación da Lei da Enerxía para que o goberno “deixe de utilizar o recibo da luz como medida de recadación”

José Luis Méndez Romeu esixe a derrogación do decreto de moratoria para as renovables “que ten paralizado o sector en Galicia”

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamou no Parlamento a derrogación da Lei de Enerxía. Así o recolle nunha proposición non de Lei na que reclama que o goberno deixe de utilizar o recibo da luz “como unha medida de recadación ao servizo dunha política económica radicalmente equivocada”.

O responsable socialista reclámalle a Feijóo que “remate con esta connivencia suicida” co goberno central, que ven de aplicar unha medida que “atenta contra das economías familiares, provocando un novo recorte de dereitos”. Apunta que as familias teñen sufrido nun só ano un incremento sen precedentes, dun 20 por cento, da factura da enerxía eléctrica coa oposición de tódolos sectores afectados.

Ademais, solicitoulle ao Goberno que manteña a Tarifa de Último Recurso a quen teña unha potencia contratada que non supere os 10 kilovatios hora, “mentres persistan as actuais distorsións do mercado enerxético”. Lembra que o consello da UE “reclama a súa revisión na Recomendación relativa ao programa nacional de reforma de 2012 de España”.

Méndez Romeu instou á Xunta a coordinar co Goberno de España “unha Mesa de Diálogo cos axentes económicos e sociais na que se acorden mecanismos estables para asegurar que a enerxía sexa factor de competitividade e xeración de emprego das empresas, e non lastre, como acontece coas últimas decisións”.

Renovables

A proposta socialista tamén inclúe a proposta de derrogación do Decreto 1/2012 de moratoria para as enerxías renovables “que ten paralizado o sector en Galicia”, así como “o impulso dun Plan de apoio das enerxías renovables que permita a Galicia retomar o liderado que tiña acadado”.

O parlamentario socialista apunta que o decreto “fixo efectivo un apagón das enerxías renovables en España que mereceu un serio correctivo da Comisión Europea”. A súa política errática continuou coa Lei de medidas Fiscais para Sostibilidade enerxétiva “descualificada polo sector”, ou a eliminación do déficit de tarifa, que anticipa un “estrepitoso fracaso” como constata a fulminante substitución do secretario de Estado.

Por iso, esixe unha nova Lei do sector eléctrico “que substitúa á vixente Lei 54/1997, converxente coa Estratexia Europea en materia de enerxía no marco dun acordo político e social o mais amplo posible”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar