Reclaman máis orzamentos para a atención das víctimas da violencia machista

Reclaman máis orzamentos para a atención das víctimas da violencia machista

Reclaman máis orzamentos para a atención das víctimas da violencia machista

Acuña demanda “garantir o acceso aos servizos sanitarios das mulleres maltratadas e os seus fillos e fillas independentemente de se son ou non asegurados, suprimindo tódolos copagos sanitarios para os doentes nestas circunstancias”

Esixe “non aplicar ningún tipo de taxa xudicial nestes casos”

A portavoz de sanidade do Grupo Parlamentario Carmen Acuña anunciou hoxe que rexistrou diversas iniciativas no Parlamento para esixir ao Goberno de Feijoo que “mellore a dotación orzamentaria para a atención das vítimas da violencia machista tanto no referido o salario da liberdade como para o resto das axudas”.

Acuña demanda ademais “garantir o acceso aos servizos sanitarios das mulleres maltratadas e os seus fillos e fillas independentemente de si son ou non asegurados suprimindo todos os copagos sanitarios para os doentes nestas circunstancias”.

Na iniciativa reclama tamén facilitar a atención psicolóxica necesaria a todas as vítimas de violencia de xénero na rede pública tal e como recolle a Lei 11/2007. E esixe “non aplicar ningún tipo de taxa xudicial nestes casos”.

A deputada explica a sociedade galega empeza a estar sensibilizada coa violencia machista pero advirte que “a crise económica pode ter repercusións negativas tamén nesta materia”.

Así as cousas denuncia que os recortes que o Goberno Popular “golpea especialmente as familias (mulleres, fillos e fillas) maltratadas”. Relata que tanto a sanidade pública, o ensino público, os servizos sociais e a xustiza son fundamentais na atención e cobertura de calquera proceso de maltrato machista.

A parlamentaria critica que o Goberno de Feijoo “non só ten recortado o salario da liberdade (no 2010 quedou en tan só 251 euros), ademais o Sergas segue sen desenvolver as medidas previstas na Lei 11/2007 para a atención prevención e detección da violencia de xénero, e agora coa axuda do Estado tamén lle van dificultar o acceso aos servizos sanitarios e os servizos xurídicos coas taxas xudiciais”.

Dixo que “as denuncias diminúen agora aínda vai ser peor por supor custes difíciles de asumir polas vítimas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar