Reclaman intercambios de cota de xarda cos demais países da UE que permitan á flota galega continuar coa súa actividade

Reclaman intercambios de cota de xarda cos demais países da UE que permitan á flota galega continuar coa súa actividade

Reclaman intercambios de cota de xarda cos demais países da UE que permitan á flota galega continuar coa súa actividade

José Ramón Val considera que a caída da cota nun 25 por cento en 2013 evidencia o “fiasco” das xestións da Consellería do Mar

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, presentou unha proposición non de Lei no Parlamento de Galicia na que reclama a apertura de negociacións cos demais países da UE que teñen cota de xarda “para realizar os oportunos intercambios que permitan manter a actividade da nosa flota”.

O responsable socialista advertiu do “fiasco” das xestións da Consellería do Mar, que logo de que España acadara unha cota insuficiente de 30.278 toneladas en 2012, consumida en apenas un mes, para o ano 2013 “as nosas embarcacións teñen un 25 por cento menos de cota de xarda para pescar (22.709 toneladas)”.

Dixo que este fracaso do goberno contrasta co “gran alarde que ten feito o Goberno galego e a súa conselleira Rosa Quintana tanto nas súas declaracións públicas como mesmo en sede parlamentaria sobre o éxito das súas negociacións”. Puntualiza que este “éxito” foi seriamente discutido pola flota, que comezou a campaña de xarda amarrada a porto como mostra de descontento e presionar á Xunta para defender os nosos intereses.

Estudo científico

O portavoz de Pesca propón tamén que o goberno galego elabore un estudo científico sobre o stock desta pesqueiría para “poder defender o bo estado no que se atopa, descrito repetidamente polos nosos profesionais”. Esta é a única vía, engade, de “garantir un aumento das posibilidades pesca desta especie nos vindeiros anos”, por canto supón “boa parte dos ingresos da flota de arrastre, cerco e mesmo artes menores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar