Reclaman incrementar o teito de gasto en 464 millóns de euros para recuperar a economía galega e blindar os servizos públicos

Reclaman incrementar o teito de gasto en 464 millóns de euros para recuperar a economía galega e blindar os servizos públicos

Reclaman incrementar o teito de gasto en 464 millóns de euros para recuperar a economía galega e blindar os servizos públicos

Abel Losada reclama a devolución dos orzamentos “derrotistas” de Feijóo, a quen acusa de buscar que os galegos “se queixen menos, traballen mais e cobren moito menos” mentres o PP privatiza a sanidade e a educación

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, presentou as emendas de devolución aos orzamentos da Xunta, nas que solicita incrementar o teito de gasto en 464,5 millóns de euros que irían destinados a blindar os servizos públicos e reactivar a economía galega. Reclamou a devolución duns orzamentos que cualifica “derrotistas” e “fracasados” na creación de emprego.

Losada sinalou que a “mellor metáfora” do que os orzamentos supoñen para Galicia foi ofrecida por Feijóo días atrás, cando lle pediu aos galegos “se queixen menos e traballen mais”, para lembrar a continuación que “tamén cobraban moito menos, pero nese punto adiantóuselle Díaz Ferrán”. Dixo que é a economía e da sociedade que destilan as contas da Xunta, nas que Feijóo esixe sacrificios mentres privatiza os servizos públicos.

O responsable socialista presentou a emenda de devolución dos orzamentos da Xunta, por entender que constitúen unha “ferramenta fallida” que non soluciona os problemas de parálise económica e destrución de emprego de Galicia. Ademais, engadiu, “perseveran no erro” de centrarse “na mais recalcitrante ortodoxia do déficit cero que só provoca mais sufrimento aos cidadáns”.

Criticou que o presidente da Xunta persista coa “falacia do discurso da débeda” cando a realidade é que en 2013 obrigará a cada familiar galega a pagar 110 euros que corresponden só a intereses de débeda pública.

Cumprir o prometido

Os socialistas, anunciou, emendarán os orzamentos para “obrigar a Feijóo a que cumpra o que prometeu”, e lembrou as intervencións dos conselleiros nas que incumpren os compromisos cos funcionarios, confirman a redución no número de profesores no ensino público e anticipan o tratamento privilexiado ao sistema sanitario privado.

Considera ademais que as contas para o ano 2013 constitúen un “copia e pega á baixa” mentres o goberno permanece “cruzado de brazos” á hora de activar a economía e impulsar a creación de emprego.

Neste sentido, cualificou de “obsceno” que a conselleira de Traballo pedira onte consenso sobre demografía mentres recorta un 40 por cento as políticas activas de emprego. Apuntou que estas contas constitúen unha “falla de respecto aos cidadáns”, nomeadamente aos 276.000 parados e paradas ou ás 80.000 familias con tódolos seus membros no paro.

Teito de gasto

Losada anunciou que as emendas socialistas inclúen o incremento do teito de gasto en 464,5 millóns de euros que poderán ser destinados á recuperación económica e do emprego, así como á mellora da sanidade, educación e benestar. Explicou que para obter estas partidas 287 millóns de euros procederían do incremento dos impostos ás rendas mais altas, o imposto ás entidades financeiras ou a mellora na xestión recadatoria.

Outros 177,5 millóns de euros serían recuperados na rebaixa de gastos superfluos ou improdutivos, nomeadamente nos organismos que, en contra do anunciado por Feijóo, aínda perviven na Xunta, ou dos gastos de gabinete, funcionamento ordinario, ensino concertado e gastos inmateriais. Apuntou que a Xunta destina unha terceira parte das inversións reais a gastos inmateriais –proxectos e consultoría- superfluos.

Os socialistas galegos propoñen unha serie de emendas para reorientar os orzamentos da Xunta co obxectivo de actuar sobre os colectivos mais necesitados e acadar unha verdadeira redistribución da renda nun momento de crise.

A proposta socialista consiste en destinar 140 millóns de euros á recuperación económica e impulso do emprego nos colectivos mais vulnerables –mozos e mozas, mulleres e parados de longa duración-. No tocante aos servizos públicos, propoñen destinar 132 millóns de euros á sanidade, 100 a educación, 66 a benestar e vivenda e outra partida a financiamento das corporacións locais e Medio Ambiente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar