Reclaman dende o Parlamento Europeo a renegociación do acordo de pesca con Mauritania

Reclaman dende o Parlamento Europeo a renegociación do acordo de pesca con Mauritania

Reclaman dende o Parlamento Europeo a renegociación do acordo de pesca con Mauritania

Antolín Sánchez Presedo presenta unha pregunta oral para que a Comisión dea conta dun protocolo “restritivo e desequilibrado” con Galicia

O europarlamentario do PSdeG-PSOE, Antolín Sánchez Presedo, ven de presentar unha pregunta oral diante da Comisión Europea na que reclama a renegociación do acordo de pesca con Mauritania”. O responsable socialista considera que o acordo resulta “restritivo e desequilibrado” con Galicia e reclama á Comisión Europea que explique os motivos para a súa aprobación.

Deste xeito, reclámalles a renegociación das oportunidades de pesca para os buques cefalopodeiros, marisqueiros, flota merlucera que se vé afectada pola limitación da zona de pesca, que só pode pescar a 24 millas da costa (ata a data podía facelo a 18 millas) e multiplicaselle por 4 o custo da licencia, así como a posta en marcha dun sistema de compensacións para a flota afectada. Ademais, quere saber si o Goberno de España realmente ten emitido algunha petición neste sentido dirixida á Comisión Europea e si ten previsto adoptar algunha medida”.

Os socialistas pregúntanse si o goberno de España está traballando “realmente” cos socios comunitarios para que apoien a renegociación do acordo, xa que “ademais de declaracións aos medios de comunicación, a realidade é que nin o ministro Cañete nin o secretario de Pesca fixeron acto de presenza na 5ª rolda de negociacións que levou a este mal acordo pesqueiro”.

Sánchez Presedo advirte que o Goberno español ten anunciado axudas temporais á flota afectada pola aplicación do protocolo, que sen embargo resultan “insuficientes e discriminatorias” e ademais “non despexan as incerteza sobre o horizonte da flota afectada”.

Amplo rexeitamento

O europarlamentario galego salienta que o protocolo pesqueiro asinado pola Comisión o pasado 26 de xullo con Mauritania “ten suscitado un amplo rexeitamento no sector e en numerosos estados membros”. Sinala que “a reacción negativa ten sido particularmente importante en Galicia, onde a aplicación do protocolo está resultando moi traumática”.

Explica que a expulsión da flota cefalopodeira, a limitación da actividade marisqueira e a imposición de condicións mais onerosas para a actividade da flota ten un impacto moi negativo para o sector.

Na iniciativa engade que “a incertidume sobre o futuro acrecéntase pola falla de transparencia no proceso negociador, a existencia de importantes exclusións á prioridade de acceso pesqueiro da UE fronte a terceiros e a duración prevista para o novo protocolo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar