Reclaman ao Parlamento que paralice os recortes de Rajoy e Feijóo á sanidade e educación con sendos recursos de inconstitucionalidade

Reclaman ao Parlamento que paralice os recortes de Rajoy e Feijóo á sanidade e educación con sendos recursos de inconstitucionalidade

Reclaman ao Parlamento que paralice os recortes de Rajoy e Feijóo á sanidade e educación con sendos recursos de inconstitucionalidade

Pachi Vázquez propón á Cámara exercer como “último bastión para parar esta inxustiza” que afectará a xubilados, enfermos e estudantes galegos

O líder socialista comprométese a que “a primeira medida dun goberno socialista na Xunta será restituír” a sanidade e a educación universais, públicas e gratuítas

Lamenta a “docilidade” de Feijóo que antepón os intereses do PP aos dos cidadáns ao renunciar a presentar un recursos que xa anunciaron Euskadi, Cataluña e Andalucía

O secretario xeral do PSdeG-PSOE e presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, presentou unha iniciativa parlamentaria para que o Parlamento presente dous recursor de inconstitucionalidade pra paralizar os decretos do copago e do ensino. O líder socialista rexistrou este acordo logo da xuntanza entre as direccións do PSdeG-PSOE e do Grupo Parlamentario que se celebrou hoxe na Cámara autonómica.

Pachi Vázquez reclamoulle hoxe ao Parlamento que exerza como “último bastión para parar esta inxustiza” e anunciou que “a primeira medida que tomará un posible goberno socialista na Xunta será restituír” o dereito á sanidade e á educación universais, públicas e gratuítas. Dixo que o Goberno autonómico pode impedir que os pensionistas paguen polos seus medicamentos, tal e como está a facer Patxi López en Euskadi.

Pola contra, dixo que en Galicia “temos un presidente que sucumbe aos intereses do seu partido fronte aos intereses dos seus cidadáns”. Vázquez contrapuxo a “docilidade” de Feijóo diante destas medidas de Rajoy fronte á súa iniciativa xudicial demostrada fronte ao goberno de Zapatero, e lembrou que tanto Cataluña como Euskadi e Andalucía xa anunciaron a presentación de recursos de inconstitucionalidade.

O líder dos socialistas galegos reclamou “amnistía para os pensionistas, os enfermos e os estudantes galegos” paralizando este real decreto Lei. Chamou a “evitar a maior inxustiza para os 730.000 pensionistas galegos e os milleiros de enfermos” que terán que pagar o 10 por cento do custe dos medicamentos a partir do próximo 1 de xullo.

Reclamou tamén a paralización desta “tremenda inxustiza para milleiros de estudantes” que verán notablemente reducida a calidade do ensino e non poderán acceder á universidade polos recortes de Rajoy.

O líder dos socialistas galegos presentou esta proposta para a presentación dun recurso de inconstitucionalidade como “medida excepcional logo de instar por tódolos medios a Feijóo a asumir a súa responsabilidade na defensa dos pensionistas, os enfermos e os estudantes”. Apelou así á “soberanía popular reflectida no Parlamento” para a súa defensa e “situarnos ao lado dos cidadáns mais débiles, os pensionistas e os xóvenes”.

Decisión ideolóxica

Pachi Vázquez advertiu que a aplicación do copago sanitario “non ten nada que ver coa economía, é unha decisión ideolóxica para desmantelar o Sistema Nacional e Saúde e o sistema galego de saúde pública”. Explicou así que retirarlle a gratuidade dos medicamentos aos pensionistas supón un aforro de 50 millóns de euros para unha sanidade que custa 3.500.

Explicou que o sistema sanitario galego pode aquilatar aínda mais os seus custes “pero non a costa dos enfermos e mailos pensionistas”. Sinalou que a aplicación dunha fiscalidade progresiva ou un imposto á banca a semellanza de Estremadura, Andalucía ou Canarias permitirían suprimir o copago, pero lamentou que a Feijóo “trémelle a man para aplicarlle un imposto á banca pero non aos enfermos e aos estudantes.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar