Reclaman á Xunta un equipo multidisciplinar para definir a vía clínica e protocolos para o tratamento de TDAH en Galicia

Reclaman á Xunta un equipo multidisciplinar para definir a vía clínica e protocolos para o tratamento de TDAH en Galicia

Reclaman á Xunta un equipo multidisciplinar para definir a vía clínica e protocolos para o tratamento de TDAH en Galicia

Carmen Acuña advirte do risco de sobrediagnose e sobretratamento deste desaxuste psicolóxico de rapaces e rapazas con derivados de anfetaminas

A parlamentaria socialista Carmen Acuña reclamoulle á Xunta que conforme “de forma inmediata” un equipo multidisciplinar con expertos das diferentes especialidades implicadas no tratamento do trastorno de déficit de atención e hiperactividade –TDAH- para definir a vía clínica e os protocolos a seguir para o completo coidado dos afectados por este trastorno.

A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para “garantir a diagnose e tratamento axeitado da hiperactividade nos rapaces –TDAH-” e advertiu do risco que supón a sobrediagnose e sobretratamento destes casos. Así, reclamou que se reserve a prescrición do tratamento farmacolóxico para o TDAH e aos profesionais que se acorden na vía clínica, tendo en conta sempre a valoración da Unidade de Saúde Mental.

Esta proposta inclúe “dotar no ámbito escolar dos medios necesarios para realizar unha correcta prevención e detección precoz das dificultades de aprendizaxe evitando a patoloxización destas dificultades de aprendizaxe”. Explica que o obxectivo é “realizar as derivacións correctas no ámbito clínico, dotando, ademais, dos medios necesarios aos orientadores psicopedagóxicos dos centros”.

Finalmente, propón “iniciar de forma inmediata unha campaña de sensibilización e información á cidadanía a través dos servizos de saúde para afondar no coñecemento da sociedade destas patoloxías, evitando a estigmatización na infancia destes doentes”.

Sobrediagnose

A responsable socialista explicouque o risco de sobrediagnose pode ter consecuencias para os rapaces e rapazas que son tratados con medicamentos que, “lonxe de resultar inocuos, son derivados de anfetaminas” que provocan uns “efectos colaterais non medidos para organismos aínda non maduros como son os dos rapaces e rapazas”.

Acuña chamou a “xeneralizar a protocolización do tratamento”, para un desaxuste que cada vez é mais diagnosticado e que a día de hoxe supón un custe anual en tratamentos de 2,755 millóns de euros. Chamou a “reforzar outro tipo de actuacións” no entorno das terapias psicocondutuais, que evitan os efectos secundarios desta medicación “que a día de hoxe descoñecemos” e será “sempre mais barato e inocuo”.

Apuntou que a Unesco ten advertido do incremento das diagnoses deste tipo de desaxustes, cuns índices de medicación excesivamente altos para estes casos, e instou a reforzar o sistema educativo seguindo o camiño de Finlandia, que practicamente non utiliza estes medicamentos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar