Reclaman á Xunta que transfira aos concellos os fondos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Reclaman á Xunta que transfira aos concellos os fondos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Reclaman á Xunta que transfira aos concellos os fondos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

O PP rexeita en Comisión a transferencia dos fondos do Consorcio aos concellos

Beatriz Sestayo critica o uso dos fondos con “fins perversos” polo PP e reclama que os concellos xestionen directamente os servizos deste organismo

A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, ven de reclamar en Comisión que o Goberno galego transfira definitivamente aos concellos os fondos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Critica o uso opaco e discrecional e con “fins perversos” deste ente polo PP e propón a súa liquidación e a transferencia das súas funcións aos concellos.

A responsable socialista sinalou no debate desta iniciativa, que foi rexeitada polo PP, que o consorcio tense convertido nun “chiringuito ao servizo do PP”, que o utiliza como “caixa B que o goberno do PP utiliza para financiar o que crea oportuno”. Lembrou que a Xunta elude explicar o reparto de fondos e reclamoulle así á Xunta que explique “onde van os fondos do Consorcio”.

Sinala que o Consorcio “tense convertido en mans do PP nun instrumento opaco que perverte o fin das políticas sociais e fai un reparto inxusto dos recursos e ignora os servizos sociais municipais”. Acusou ao goberno de Feijóo de poñer as políticas sociais municipais en “situación letal”, e advertiu que a única forma de evitar o seu deterioro e desaparición é a transferencia destes fondos aos concellos.

Sestayo engadiu que o orzamento do ente “amosa a escuridade de cómo funciona un órgano que a Xunta de Feijóo ten convertido en absolutamente inservible para as políticas sociais e onde os concellos teñen perdido a súa capacidade de prestar servizos sociais aos seus veciños e veciñas”.

Dobre estratexia contra a política social

Sestayo criticou a dobre estratexia de Feijóo na política social, que pasa, en primeiro lugar, por “desistir de articular a través da administración autonómica políticas correctoras das inxustizas sociais, abandonando ás persoas e colectivos mais vulnerables”, e en segundo termo tenta “converter en negocio privado os servizos públicos que poden lucrar a algunhas empresas privadas”.

A parlamentaria socialista apunta que esta “folla de ruta” ten sido “invariable” en tódalas políticas sociais “dende a desaparición de programas de loita contra a pobreza ata a privatización de infraestruturas e servizos públicos como os derivados da dependencia e, máis recentemente, da conciliación da vida laboral e familiar, como no tocante ao peche de escolas infantís”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar