Reclaman á Xunta que traballe para eliminar as incertezas que afectan ás ensinanzas artísticas superiores

Reclaman á Xunta que traballe para eliminar as incertezas que afectan ás ensinanzas artísticas superiores

Reclaman á Xunta que traballe para eliminar as incertezas que afectan ás ensinanzas artísticas superiores

Fernández Leiceaga advirte da incerteza xerada aos estudantes destas especialidades e reclama a integración de estudos para incrementar a súa competitividade

O portavoz de Educación e Universidade do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle á Xunta “que traballe para eliminar as incertezas que afectan ás ensinanzas artísticas superiores. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Cultura celebrada hoxe no Parlamento logo da sentenza do Tribunal Supremo que impiden a estas ensinanzas ter o título de Grao.

Preguntoulle hoxe á Xunta pola situación xerada logo das sentenzas do Tribunal Supremo que anulan a denominación universitaria de grao para os titulados no primeiro ciclo das ensinanzas artísticas superiores. Apuntou que actualmente os estudantes padecen “algunhas dificultades e problemas” derivados da incerteza da súa cualificación, xa que posúen estudos “superiores pero non universitarios”.

Sinalou que a Comunidade Autónoma é a responsable directa destas ensinanzas que se imparten en territorio galego, polo que reclamou consenso para resolver a situación e impulsar as ensinanzas artísticas. Neste sentido, apuntou a posibilidade de integrar os estudos artísticos con doutrinas semellantes para garantir o seu carácter universitario ao tempo que melloran a competitividade da titulación no futuro.

Sinalou que “algúns centros optan pola plena integración nas universidades existentes, outros pola simple reformulación dos títulos, optando por denominacións que cumpran coas sentenzas, e en tódolos casos existe un desexo de cambio e de aproveitar a conxuntura para dar un novo impulso ao conxunto das ensinanzas artísticas”.

Consecuencias prácticas

Leiceaga apuntou que a incerteza actual “pode ter consecuencias para a vida práctica destes estudantes e en xeral para as escolas” no tocante á avaliación dos seus estudos ou a súa homologación internacional. Como exemplo, lembrou os problemas de acceso ás bolsas Erasmus, aínda non resolto, co que os estudantes “carecen das ferramentas ou instrumentos dos que o espazo Bolonia dota ás ensinanzas superiores”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Os comentarios están pechados.

Pechar