Reclaman á Xunta que manteña o persoal de reforzo educativo para “garantir a diagnose e tratamento axeitado da TDAH”

Reclaman á Xunta que manteña o persoal de reforzo educativo para “garantir a diagnose e tratamento axeitado da TDAH”

Reclaman á Xunta que manteña o persoal de reforzo educativo para “garantir a diagnose e tratamento axeitado da TDAH”

Carmen Acuña advirte do risco de sobrediagnose e sobretratamento deste desaxuste psicolóxico de rapaces e rapazas con derivados de anfetaminas

Reclama o incremento dos profesionais de apoio psicoterapéutico “na medida en que está medrando” este trastorno

A parlamentaria socialista Carmen Acuña reclamoulle á Xunta que manteña o persoal de reforzo pedagóxico nos centros públicos, que permite “garantir a diagnose e tratamento axeitado da hiperactividade nos rapaces –TDAH-”. Acuña presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade na que advertiu do risco que supón a sobrediagnose e sobretratamento destes casos.

A responsable socialista sinalou que o reforzo de persoal de apoio nos centros educativos suporía “a mellor garantía para unha detección eficaz destes casos”, que en moitos casos confúndese con outras anomalías ou patoloxías que non son hiperactividade e que precisan dun tratamento diferenciado. Advertiu así que “a situación de crise e a redución de recursos humanos pode incrementar o problema en Galicia”.

Sinalou así que o risco de hiperdiagnose pode ter consecuencias para os rapaces e rapazas que son tratados con medicamentos que, “lonxe de resultar inocuos, son derivados de anfetaminas” que provocan uns “efectos colaterais non medidos para organismos aínda non maduros como son os dos rapaces e rapazas”.

Neste sentido, reclamou o incremento dos profesionais de apoio psicoterapéutico para afrontar este Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade “na medida en que estamos rexistrando un incremento” da súa incidencia de acordo cos últimos datos.

Protocolizar o tratamento

Acuña chamou a “xeneralizar a protocolización do tratamento”, para un desaxuste que cada vez é mais diagnosticado e que a día de hoxe supón un custe anual en tratamentos de 2,755 millóns de euros. Chamou a “reforzar outro tipo de actuacións” no entorno das terapias psicocondutuais, que evitan os efectos secundarios desta medicación “que a día de hoxe descoñecemos” e será “sempre mais barato e inocuo”.

Apuntou que a Unesco ten advertido do incremento das diagnoses deste tipo de desaxustes, cuns índices de medicación excesivamente altos para estes casos, e instou a reforzar o sistema educativo seguindo o camiño de Finlandia, que practicamente non utiliza estes medicamentos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar