Reclaman á Xunta que expoña que grupos de acción costeira teñen presentado os seus proxectos na última convocatoria

Reclaman á Xunta que expoña que grupos de acción costeira teñen presentado os seus proxectos na última convocatoria

Reclaman á Xunta que expoña que grupos de acción costeira teñen presentado os seus proxectos na última convocatoria

Marisol Soneira advirte das dificultades dos GAC para dispor de proxectos que mereceran financiamento para o seu desenvolvemento e contribución ao desenvolvemento local

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, ven de presentar unha pregunta no Parlamento para que a Xunta expoña qué Grupos de Acción Costeira teñen presentado os seus proxectos para a última convocatoria.

A responsable socialista sinala que os GAC deberan “convocar, seleccionar e ratificar os proxectos para este exercicio que merezan financiamento” con cargo aos fondos do actual período orzamentario. Advertiu que algúns dos GAC “tiveron algo de dificultade para dispor de proxectos, en cantidade e calidade, que merecen financiamento para o seu desenvolvemento e contribución ao desenvolvemento local”.

Soneira reclamoulle ao Goberno galego que presente cantos e cales proxectos se teñen presentado para esta convocatoria, cánto importaban os seus investimentos e qué parte solicitaban para o financiamento público. Tamén solicitou que expliquen qué medidas pensa tomar a Xunta para o caso de que algúns dos GAC non tiveran referendado ningún dos proxectos previamente seleccionados.

Finalmente, quere que o Executivo autonómico faga pública a porcentaxe de recursos económicos que permanece pendente de transferir aos GAC por parte da administración “para o seu funcionamento ordinario e aos particulares que teñen recoñecido e aceptado o dereito ao financiamento do seu proxecto en convocatorias anteriores”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar