Reclaman á Xunta que cumpra a lei e non asuma os gastos da apertura do pazo de Meirás ao público

Reclaman á Xunta que cumpra a lei e non asuma os gastos da apertura do pazo de Meirás ao público

Reclaman á Xunta que cumpra a lei e non asuma os gastos da apertura do pazo de Meirás ao público

Concepción Burgo sinala que o Goberno galego “segue a defender os intereses da familia Franco” ao permitir o peche do pazo dende o pasado decembro e incrementar 2.200 euros o convenio para as visitas

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamou á Xunta que garanta o cumprimento da Lei para a apertura do Pazo de Meirás ao público. Presentou unha pregunta oral na Comisión de Cultura na que criticou que a Xunta “se prega aos intereses da familia Franco, propietaria do inmoble declarado BIC asumindo os custes de seguridade e dos guías das visitas”.

Burgo criticou que a Xunta teña incrementado a contía do convenio coa familia Franco para a apertura do monumento de 18.000 a 21.200 euros, incrementando a contía en 3.200 euros “mentres reducimos tódolos gastos e axudas e deixamos ás asociacións culturais con cero euros”. Dixo que resulta “politicamente inaceptable” que “esteamos pagando para que a familia Franco faga fronte á súa obriga legal de abrir o inmoble”.

Dixo que esta situación “di moito das actitudes da Xunta e de que non consideran que tódolos cidadáns sexan iguais”. Rexeitou a xestión de Cultura con relación á apertura do pazo e criticou que o Goberno galego “ceda a unhas negociacións ás que non ten obriga cunha familia de recordo moi negro neste país”, e sinalou que “esperabamos mais dun goberno que se di democrático e que debe tratar a tódolos cidadáns como iguais”.

Burgo criticou o “trato de favor” á familia Franco en detrimento dos restantes propietarios de inmobles declarados BIC e sinalou que o Goberno galego debe garantir o cumprimento da Lei, e lamentou que “en lugar diso, negocian novas condicións que significan aínda mais custe para os galegos e galegas, cando a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia impón á familia Franco a obriga de abrir o pazo gratuitamente sen custo para a administración.

Cualificou de “inaceptable” o trato dispensado polo goberno galego á familia Franco e que “non se da a outros propietarios de Bens de Interese Cultural”. Así quedou claro, explicou, cando o Goberno asumiu os custes de seguridade e dos guías dunhas visitas que ficaron restrinxidas aos venres e mesmo aceptaron pechar en agosto “para non perturbar as vacacións dos Franco”.

Sinalou que o pazo de Meirás volveuse a pechar ás visitas no mes de decembro de 2011, conculcando a normativa vixente, e coincidindo co termino de validez do convenio asinado entre a Consellería de Cultura e Carmen Franco. Puntualizou que a mesma interesada afirmou nos medios de comunicación que “non permitiría que as visitas continuaran por mais tempo sen ter en conta que a Lei e os tribunais a obrigan a facelo”.

Preguntou si tamén se pechará no próximo mes de agosto, tal e como fixeron anteriormente, e si este aspecto está pactado coa familia Franco, conculcando o dereito dos cidadáns.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar