Reclaman á Xunta que adapte o decreto de artes de pesca á realidade da flota artesanal

Reclaman á Xunta que adapte o decreto de artes de pesca á realidade da flota artesanal

Reclaman á Xunta que adapte o decreto de artes de pesca á realidade da flota artesanal

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, presentou unha batería de iniciativas para que a Xunta adapte o decreto de artes de pesca 15/2011, aprobado o 28 de xaneiro “á realidade da flota artesanal co fin de garantir as máximas medidas de seguridade e a súa rendibilidade”.

Neste sentido, Soneira reclama a modificación relativa ás boias de sinalización para adecualas ás artes ou aparellos fixos e ás diferentes embarcacións, sen minguar a seguridade e se adecúe aos produtos existentes no mercado.

A responsable socialista sinala que a Xunta estableceu no seu decreto que as boias de sinalización dos aparellos deban ter un diámetro mínimo de 35 centímetros. Lembra que, ademais de que esa medida non existe, as boias actuais sitúanse nos 23, 29 e 39 centímetros de diámetro, o que obrigaría ás embarcacións a empregar as de máximo tamaño.

Dada a flotabilidade que teñen estas boias, o seu uso converte ás nasas, que deben estar ancoradas no fondo mariño, en “artes á deriva, que non só non pescan senón que se converten nun perigo para o resto da flota e para o exercicio da actividade”, polo seu arrastre e polas dificultades de transporte para as embarcacións máis pequenas.

Racú e volantín

Soneira tamén reclama á Xunta que modifique o devandito decreto permitindo o uso da arte do racú ás embarcacións de menos de 2,5 TRB que dispuxesen nalgún período da autorización para a pesca con esta arte, a seguir practicándoa no interior das rías.

Sinala que a norma da Xunta só autoriza o seu uso ás embarcacións de entre 2,5 e 7,5 TRB, cando se trata dunha arte de cerco empregada polas pequenas embarcacións que faenaran ao abrigo das rías, xa que non poderían saír ás augas exteriores.

Finalmente, solicita unha moratoria de ata final de ano para a aplicación das novas medidas para os volantíns, xa que, explica, os novos requisitos obrigan á flota a reducir á metade a súa altura cando estamos “coa campaña xa iniciada e cun investimento en artes importante”.

Esta redución da medida decretada pola Xunta pode provocar que as embarcacións que tivesen que substituílos “sufriran un importante quebranto económico sen tempo material para amortizar o investimento feito no seu día para armar este tipo de arte moi selectiva”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar