Reclaman á Xunta a licitación inmediata dos tramos pendentes da VAC Costa Norte para rematala “no horizonte de 2014”

Reclaman á Xunta a licitación inmediata dos tramos pendentes da VAC Costa Norte para rematala “no horizonte de 2014”

Reclaman á Xunta a licitación inmediata dos tramos pendentes da VAC Costa Norte para rematala “no horizonte de 2014”

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, presentou unha Moción na que reclama á Xunta a licitación inmediata dos tramos da VAC Costa Norte Ferrol – San Cibrao, pendentes de executar “pola incapacidade e falla de interese amosadas polo presidente da Xunta e o conselleiro de Infraestruturas”.

O parlamentario socialista reclama á Xunta que remate no horizonte de 2014 a totalidade desta infraestrutura de comunicación “que vertebra o litoral de dúas provincias –A Coruña e Lugo-, e nomeadamente os concellos de Ortigueira, Neda, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Mañón, O Vicedo, Viveiro e Xove”.

López Vidal propón á Xunta que destine á construción desta infraestrutura os 241 millóns de euros que esta Consellería deixou sen gastar no exercicio orzamentario de 2010 para que as obras poidan ser executadas nos vindeiros 2 anos.

Así, reclama licitar no actual ano 2011 tódolos tramos aínda sen executar deste vieiro de comunicación e vertebración, e nomeadamente os San Sadurniño – Sanguiñeira, Sanguiñeira – Felgosas, Felgosas – Campo do Hospital, Campo do Hospital – AC-101, Espasante – Os Ramos, Os Ramos – Covas, Covas – Viveiro Sur e Viveiro Sur – Celeiro.

Variante de Viveiro

Tamén esixiu a licitación “inmediata” do proxecto da variante de Viveiro redactado en 2009 e consensuado co Concello “para solucionar o principal obstáculo para a mobilidade de todo o trazado do corredor”. Reclamou ao Executivo que “adopte as medidas que sexan precisas para que o contrato de adxudicación asinado no treito Celeiro – San Cibrao sexa executado nos prazos comprometidos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar