Reclaman a inclusión das escolas de negocios e facultades de empresariais galegas no programa do BBVA para promover a contratación

Reclaman a inclusión das escolas de negocios e facultades de empresariais galegas no programa do BBVA para promover a contratación

Reclaman a inclusión das escolas de negocios e facultades de empresariais galegas no programa do BBVA para promover a contratación

José Luis Méndez reprocha á entidade o descoñecemento da realidade do país e o escaso interese en buscar un retorno aos beneficios que colleita dos aforradores galegos

O parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de recriminar ao BBVA que non contratara a ningunha escola de negocios de Galicia para impartir os cursos incluídos nunha promoción que pretende dinamizar o emprego.

A entidade ven de contratar a empresas alleas a Galicia para o programa de cursos de formación asociado á promoción Yo soy empleo coa que o banco anuncia a intención de apoiar a creación de 10.000 postos de traballo.

A iniciativa compleméntase con 1.250 prazas en cursos de 36 horas en escolas de negocios, para as que ten contratado o servizo a empresas de Madrid, Barcelona e Sevilla. Para o parlamentario socialista o feito revela un “descoñecemento da realidade galega” pola entidade bancaria. Méndez recorda ao BBVA que Galicia conta con catro facultades de Ciencias Empresariais e dúas escolas de negocios en Vigo e A Coruña.

O parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de denunciar a vocación “puramente extractiva” do BBVA en Galicia, xa que en ningún momento apoia ou impulsa iniciativas ou accións que estimulen o retorno ao país do capital que recollen dos aforradores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar