Reclaman a implicación política do presidente da Xunta na procura dunha solución aos afectados polas preferentes

Reclaman a implicación política do presidente da Xunta na procura dunha solución aos afectados polas preferentes

Reclaman a implicación política do presidente da Xunta na procura dunha solución aos afectados polas preferentes

Francisco Rivera e Méndez Romeu acompañaron hoxe na Coruña aos miles de manifestantes que reclamaron ao Goberno e a Novagalicia Banco o fin do corralito das preferentes

Os parlamentarios afirman que Feijóo non pode permanecer á marxe, e debe implicarse políticamente para conseguir a devolución íntegra dos cartos aos afectados

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, e o parlamentario pola Coruña, José Luis Méndez Romeu, participaron na cidade herculina nunha multitudinaria manifestación convocada polos afectados de toda Galicia pola estafa das participacións preferentes das antigas caixas galegas para esixir solucións aos gobernos central e autonómico e a Novagalicia Banco.

O deputado socialista, Francisco Rivera, afirmou que “esta situación non pode seguir nin un segundo máis” e esixiu a implicación política do Presidente da Xunta para dar unha solución aos afectados. Pola súa parte, Méndez Romeu, insistiu neste argumento instando a Feijóo a “que saia en defensa dos cidadáns atrapados neste corralito”.

Juan Carlos Francisco Rivera recriminou á entidade que non dea a coñecer a súa estratexia e advertiu a Novagalicia Banco das consecuencias desta situación para a imaxe da entidade. “Tampouco coñecemos a estratexia de Núñez Feijóo” diante do que denominou “un problema de país” do que “ o Presidente de Galicia non pode permanecer á marxe, senón que ten que aportar solucións políticas”.

Os socialistas respaldan aos afectados, que esixen “a devolución íntegra do diñeiro”, algo para o que se poden estudar solucións ás que xa atoparon outras entidades, apunta Francisco Rivera.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar