Reclaman a Feijóo que se implique na solución ás participacións preferentes garantindo a devolución íntegra do diñeiro

Reclaman a Feijóo que se implique na solución ás participacións preferentes garantindo a devolución íntegra do diñeiro

Reclaman a Feijóo que se implique na solución ás participacións preferentes garantindo a devolución íntegra do diñeiro

Juan Carlos Francisco Rivera comeza en Cangas unha serie de encontros comarcais cos afectados pola fraude de NGB

O portavoz de Interior e Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, reclamou ao presidente da Xunta que “deixe de fuxir e se implique na solución á fraude das participacións preferentes”. O responsable socialista esixiu garantías para a “devolución íntegra do diñeiro” nun encontro cos afectados en Cangas, co que comeza unha serie de visitas ás comarcas galegas.

Neste encontro, no que tamén participou a parlamentaria do Morrazo, Carmen Gallego, os deputados socialistas trasladaron as propostas para solucionar esta problemática que afecta a mais de 70.000 galegos e galegas. Criticou a “inacción” do presidente da Xunta que “non está a facer absolutamente nada” para devolverlle o diñeiro aos aforradores galegos que llelo confiaron á entidade sen saber que non ía ser devolto.

Acusou ao presidente da Xunta de “deixar aos galegos e galegas de lado” evidenciando que “non ten ben dimensionado o problema” ao presentar “ocorrencias como someter ás entidades e clientes á arbitraxe de consumo”, o que, dende o punto de vista técnico e xurídico “no caso de NGB é dubidoso e presuntamente inviable”.

Juan Carlos Francisco sinala que “botamos de menos que o máximo responsable da Xunta de Galicia se implique na busca dunha proposta para solucionar este problema como se ten feito noutras comunidades autónomas”. Salientou o caso do País Vasco, así como as entidades BBK ou Cajasur, que ofreceron canxear as preferentes por depósitos de prazo fixo.

Devolución íntegra

O responsable socialista advertiu que se trata dun “problema económico cunha solución política” polo que anunciou que “manteremos a presión sobre o goberno de Feijóo para que se implique dunha vez na busca dunha solución e esixa fundamentalmente a NGB que plantexe unha proposta aos afectados “que pase única e exclusivamente pola devolución integra de diñeiro aos afectados e afectadas sen admitir ningunha quita”.

Sinalou que “veremos si de aquí en adiante o presidente da Xunta, en lugar de fuxir dos afectados, se reúne con eles e plantexa solucións a este respecto” xa que, dixo, “hai solucións, e aínda que se trata dun problema complexo a resposta ten que vir dende a política, coa implicación da Xunta, e dende o Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores, e aí é onde ten que actuar o goberno galego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar