Reclaman a Feijóo que negocie co naval unha estratexia a medio prazo que permita un horizonte de solución aos problemas do sector a medio prazo

Reclaman a Feijóo que negocie co naval unha estratexia a medio prazo que permita un horizonte de solución aos problemas do sector a medio prazo

Reclaman a Feijóo que negocie co naval unha estratexia a medio prazo que permita un horizonte de solución aos problemas do sector a medio prazo

O Portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez, que defendeu a iniciativa socialista en Comisión, acusa á Xunta de limitarse a xestionar conflitos en lugar de ser proactiva co sector

Reprocha a Núñez Feijóo que non tivera sequera contestado á proposta elaborada polo sector no mes de febreiro e pídelle que “deixe de buscar o inimigo externo” e se poña de acordo co sector

Méndez denuncia que 15.000 persoas están a pasar paulatinamente ao desemprego e advirte que está en risco a perda do coñecemento tecnolóxico acumulado

O parlamentario socialista, José Luis Méndez Romeu, defendeu en Comisión unha proposición no de lei do seu grupo na que se instaba ao Goberno galego a presentar ao Parlamento, no prazo de dous meses, unha estratexia a medio prazo para o sector naval galego, que considera aos estaleiros privados, públicos e á industria auxiliar, e que conte co apoio das empresas e das organizacións empresariais e sindicais.

Méndez recrimina ao Goberno de Feijóo que, “nun momento crítico para a superivencia do sector, por carga insuficiente de traballo, os tax lease e deficiencias de xestión” se limiten a xestionar os conflitos” e apremia ao executivo galego a “ser proactivo na evolución do sector”, a poñer “negro sobre branco” unha estratexia na que o sector se sinta reflectido e que permita un horizonte de resolución dos problemas a medio prazo.

O deputado socialista recordou os incumprimentos do Presidente da Xunta co sector, como o apoio á construción do dique flotante e o centro de reparacións ou as solucións prometidas nos terreos de Imenosa. Tamén lle reprochou a falta de atención ao sector privado de Vigo, que esixe máis carga e a procura de novos nichos de traballo.

O panorama actual dos estaleiros galegos son os EREs e os concursos de acredores, denuncian os socialistas. Mentres, “o Goberno galego está paralizado, sen iniciativa e sen visión global”, acusa Méndez. Neste sentido, recriminou que trouxeran a unha Lei de Política Industrial, “que xa lle dixemos que non servía”, e da que “non desenvolveron ningún plan”.

O deputado socialista reprochou aos populares que “non se goberna buscando un inimigo externo, cada vez máis lonxe”, senón asumindo os problemas e “poñéndose de acordo cos interlocutores sociais”.

Esixiu á Xunta diálogo co sector. Preguntouse polas razóns para non ter contestado ás propostas realizadas no mes de febreiro. De non ser así, a acción do Goberno quédase en “publicidade e propaganda, en mensaxe para que sexa repercutido mediaticamente”. Pero no sector naval, 15.000 persoas están a pasar de ser traballadores a parados. E o que é peor, segundo Méndez: “Existe un coñecemento tecnolóxico acumulado neste sector que corre o risco de desaparecer”. Polo que insistiu na necesidade de dunha estratexia global que “marque vieiros e procure garantías de futuro”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar