Reclaman a Feijóo que dea a cara e explique o posible financiamento ilegal do PPdeG

Reclaman a Feijóo que dea a cara e explique o posible financiamento ilegal do PPdeG

Reclaman a Feijóo que dea a cara e explique o posible financiamento ilegal do PPdeG

Abel Losada reclama ao Presidente Galego que o discurso de luz e taquígrafos do que sempre fala o materialice en explicacións polo papel do PP nunhas actividades presuntamente delictivas

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, manifestou unha “enorme preocupación” dos socialistas por este “descrédito procedente do Partido Popular tanto a nivel de España como de Galicia” e esixiu ao Presidente Feijóo que “dea a cara”.

O Portavoz socialista respondeu así ás preguntas dos xornalistas polo publicado por un xornal de tirada nacional apuntando a un posible financiamento do PPdeG a raíz da coincidencia das anotacións do ex-xerente do PP Luis Bárcenas e do daquela Secretario de Organización do PPdeG, Pablo Crespo, investigado polo caso Gürtel. O devandito xornal afirma que existe unha “coincidencia milimétrica” entre o apunte de 21 millóns de pesetas en maio de 1999 na contabilidade de Bárcenas e o que aparece na contabilidade do PPdeG que a policía incautou a Crespo e se incorporou ao sumario da Gürtel.

Losada pediu ao Presidente galego que “ese discurso de luz e taquígrafos que sempre fai, se materialice en explicarlle aos galegos e ás galegas o papel do PP nunhas actividades presuntamente delictivas”.

Acusa aos populares de, nun contexto de crise económica como o actual, “lanzar un velo de incredulidade e de desconfianza sobre a actividade política”, algo que os socialistas rexeitan. “O que ten que facer, inexcusablemente, é dar a cara e non buscar desculpas”, sentenciou Losada.

Os socialistas consideran que este cruce de contabilidades que deixa en evidencia un posible financiamento ilegal do PPdeG en 1999 confirma o que xa viñan denunciando desde hai anos, cando solicitaron que se investigara polo Consello de Contas e o Tribunal de Contas as campañas do PP entre 1.996 e 1999.

Os socialistas esixen a Feijóo que deixe de escusarse en que el no formaba parte das directivas durante os anos en que afloran as presuntas irregularidades porque moitos altos cargos daquela seguen formando parte e séntanse con el na dirección actual do Partido e aínda está por ver si esas actividades cuxa legalidade se cuestiona continuaron ou non no tempo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar