Reclaman a Feijóo comparecer no Parlamento para explicar os recortes brutais da Xunta e o goberno

Reclaman a Feijóo comparecer no Parlamento para explicar os recortes brutais da Xunta e o goberno

Reclaman a Feijóo comparecer no Parlamento para explicar os recortes brutais da Xunta e o goberno

O portavoz parlamentario, Abel Losada, considera inmoral falar de “pequenos axustes” e chama aos populares e asumir responsabilidades e dar a cara

http://buyessayonlinecheap.com/


Os socialista pedirán un pleno de remoción do Valedor logo de converterse en “ministro portavoz” do PP

Esixe a Feijóo que pida o mesmo trato para NGB que o que anuncia Rajoy para Bankia, a quen poderían estar preparando un plan de axuda o Banco de España e o Ministerio de Economía

O Portavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, Abel Losada, rexeitou, en rolda de prensa, a “metalinguaxe que utiliza a dereita”, e puxo como exemplo o intento de “un portavoz popular” de tratar de “pequenos axustes” os recortes que está a sufrir Galicia.

Losada recrimina a Feijóo que, se son tan pequenos estes axustes, “sexa tan reacio a introducir elementos de transparencia, como tratar no Parlamento”. Os socialistas solicitaron o Plan de Axuste presentado ao Goberno de España e pedirán a comparecencia do Presidente Feijóo para explicar “estes pequenos axustes”.

O portavoz socialista afirma que a realidade é outra á que presentan os populares. Galicia está a soportar “uns recortes brutais”.

Abel Losada aportou algunhas cifras recollidas dos tres Orzamentos, que leva presentado. Trátase de recortes en Educación por valor de máis de 400 millóns de euros, en Sanidade case 500 M€, 280 M€ en Política Social de Vivenda, 300M€ en protección ambiental, 800M€ en licitación de obra pública, 180 M€ en políticas activas de emprego, 140 M€ en Cultura e 60M€en Innovación, 180 M€en dinamización económica do Medio Rural, 135 M€ en desenvolvemento empresarial e 50M€ en Turismo. A pretensión do Portavoz socialista é amosar “o criterio do PP á hora de definir pequenos axustes”.

Estes recortes están a provocar “un espectacular frenazo” na economía galega. Losada afirma que, tras os recortes, Galicia pasou de medrar o 0,8 riba do PIB e agora decae o 0,4% do PIB máis que o conxunto de España. Recordou tamén que os recortes traen consigo repercusións laborais, máis de 277.000 desempregados rexistrados. No último ano a incorporación foi de 33.000 persoas. Salientou o “dato inaudito” de medra do paro en abril, a pesares de incluír a Semana Santa.

Ante esta situación, ao Portavoz dos Socialistas no Parlamento de Galicia parécelle “unha inmoralidade” falar de pequenos axustes. Chama aos responsables do PP a “asumir os seus compromisos” e insta a Feijóo a “dar a cara”, de dicir “qué intereses defende e por qué non se atacan con máis forza modificacións máis fondas na política fiscal que incrementen os ingresos en vez de actuar exclusivamente sobre os gastos” que afectan aos grupos sociais máis desfavorecidos.

VALEDOR

O Portavoz socialista no Pazo do Hórreo anunciou que o seu grupo demandará o debate e votación en Pleno da “remoción” do Valedor do Pobo, Benigno López.

Abel Losada entende que o deber desta institución e do seu responsable é “defender ao pobo non poñerse de lado do poder político”. O portavoz socialista condenou que “algúns pretendan facer política sen presentarse ás eleccións”, en alusión ao Valedor a quen acusou de apoiar os recortes de Feijóo e de actuara como “ministro portavoz do PP”.

A iniciativa que levarán á Mesa do Parlamento os socialistas susténtase no “notorio incumprimento das obrigas e deberes” derivados do seu cargo. Abel Losada sinalou que a obriga do Valedor era defender ao pobo “fronte á Administración” e en ningún caso poñerse “de lado do poder político fronte as inxustizas”. Indicou tamén que, en lugar de ser defendido polos populares, gustaríalle “que o defendesen as persoas dependentes que esperan encamadas as axudas que non chegan”.

NOVA GALICIA BANCO

O Portavoz do Grupo Socialista emprazou a Núñez Feijóo a que “exerza o poder político” da Comunidade e demande de Rajoy o mesmo trato para Nova Galicia Banco que para Bankia.

Abel Losada remitiuse ás declaracións do propio Rajoy esta mañá, nunha entrevista radiofónica, que deixan entrever que o Banco de España e o Ministerio de Economía ultiman vías de cooperación para unha entidade importante española, que, recorda o parlamentario socialista, “está presidida por un exministro dun Goberno popular”.

Ante a situación “obxectivamente complicada” Losada esixe a Feijóo que, “como abandeirado da ortodoxia económica que defende o ministro Guindos, pida un trato similar para Nova Galicia Banco”.

Os socialistas entende estratéxica a pervivencia de NGB e da Fundación, polo que Losada espera que o presidente galego “non atope ningún outro chivo expiatorio para facer deixación das súas responsabilidades”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar