Reclaman a Feijóo atención ao medio rural e solucións para a defensa de Galicia na negociación da PAC, a regulación por lei dos contratos do leite e a supervivencia de alimentos lácteos

Reclaman a Feijóo atención ao medio rural e solucións para a defensa de Galicia na negociación da PAC, a regulación por lei dos contratos do leite e a supervivencia de alimentos lácteos

Reclaman a Feijóo atención ao medio rural e solucións para a defensa de Galicia na negociación da PAC, a regulación por lei dos contratos do leite e a supervivencia de alimentos lácteos

Pablo García reclama a resposta do Presidente do Executivo galego unha vez se arrogou as competencias do ramo ante o “abandono, o mutismo e a inoperancia” da titular da carteira, Rosa Quintana

Reclama unha posición común de defensa de Galicia diante da reforma da PAC e denuncia que, nos catro anos de Feijóo xa perdemos 800.000 hectáreas subvencionables

O portavoz de Agricultura do Grupo Parlamentario Socialista, Pablo García, manifestou a preocupación do PSdeG-PSOE pola imposibilidade de levar ao debate parlamentario a situación do medio rural galego a pesares de tratarse de “temas acuciantes” para o sector e de que o Presidente Feijóo “se ten erixido Conselleiro” do ramo, ante o “abandono, o mutismo e a inoperancia” da titular da carteira, Rosa Quintana.

As tres iniciativas socialistas presentadas polo portavoz socialista poñen o acento sobre o papel que debe xogar Galicia na negociación da Política Agraria Comunitaria (PAC); o cumprimento do acordo con produtores e industria do sector lácteo para introducir a regulación contractual na Lei de Calidade Agroalimentaria e a asunción de responsabilidades e a esixencia de achegar solucións por parte da Xunta para Alimentos Lácteos.

O deputado socialista advirte que, durante o mes de febreiro se vai desenvolver “un debate fundamental”, no seo da Unión Europea a respecto da reforma da PAC. Neste sentido, entende García que o Goberno de España, para o que este asunto debe considerarse de primeiro nivel, debe defender favorable para o conxunto do Estado. Pero, sinala, “logo queda a distribución interna deses fondos comunitarios”, e é onde o socialista reclama maior papel á Xunta, para evitar que, proporcionalmente, Galicia siga a ser das comunidades que menos fondos recibe.

“O Parlamento, a Xunta, a sociedade galega debe ter unha posición fronte a PAC”, defende Pablo García, de tal xeito que se garanta o mantemento dunhas asignacións da PAC tanto en termos absolutos como sectoriais, xa que na actualidade a proposta rebaixa ditos fondos un 11% respecto á situación actual.

O deputado socialista recrimina a Feijóo que durante o seu Goberno, nos últimos catro anos, se perderan 800.000 hectáreas en Galicia a única comunidade que conta cun sector agrogandeiro relevante no que se da esta situación, xa que no resto de CC.AA. sucedeu o contrario, ao coñecer que a reforma da PAC ía ter en conta das hectáreas admisibles. Na Galicia de Feijóo “a razón de 200.000 hectáreas por ano quedan sen subvención”.

Tamén no mes de febreiro, o día 8, se levará a aprobación do Consello de Ministros a Lei de Calidade Agroalimentaria. O presidente da Xunta se comprometera co sector a incluír no seu texto a regulación das relacións contractuais entre a industria e os produtores do sector lácteo. Sen embargo, aos socialistas só lles consta que a Xunta tivera feito algunhas alegacións, algo insuficiente e que non se corresponde co compromiso adquirido por Feijóo en opinión de García. “El mesmo se erixiu en garantía o sete de decembro”, reprochou ao Presidente o socialista. “Feijóo se retrata o día 8”, dixo.

Os socialistas advirten que non van permitir que Feijóo xogue o papel de “poli bo” e o ministro Arias Cañete de “poli malo”. Trátase dunha decisión política coa que se comprometeu o Presidente galego. Cañete, afima García, para o aceite xa o ten arranxado.

No caso de Alimentos Lácteos SA, que ven de anunciar hai poucos días o preconcurso de acredores, os socialistas preguntan polas medidas que pensa tomar o Goberno galego para corrixir a situación dos traballadores e das case preto de mil familias afectadas polos impagos desta sociedade que contou con achegas moi significativas da Xunta.

Segundo García as decisións que se tomaron dependeron da Xunta, xa que “os testaferros que había alí”, en alusión aos responsables, “cumprían as ordes de San Caetano”. Por iso non considera tolerable que Feijóo pretenda agora “desentenderse do proxecto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar