Reclaman a derrogación do Decreto polo que se establecen taxas polos servizos de rescate da consellería do Medio rural e do Mar

Reclaman a derrogación do Decreto polo que se establecen taxas polos servizos de rescate da consellería do Medio rural e do Mar

Reclaman a derrogación do Decreto polo que se establecen taxas polos servizos de rescate da consellería do Medio rural e do Mar

Marisol Soneira asegura que o Decreto non establece a exclusión da flota pesqueira e do marisqueo da aplicación destas taxas e adoece de indefinicións e inconcrecións que o converten nunha fonte de conflitos

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, demandou á Xunta, a través dunha proposición non de lei en pleno e comisión, a derrogación do Decreto que establece os prezos públicos polos servizos de rescate prestados pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

Reclama que se exclúan dos cobros de taxas as actuacións que constitúan prestación de servizo público de salvamento da vida humana no mar, así como das actividades pesqueiras e marisqueiras, e, por contra, grave aos buques e empresas que ocasionen graves danos para o medio ambiente, a pesca e o marisqueo, ou a economía de Galicia en xeral. “Curiosamente -afirmou Soneira- estes grandes buques e empresas, interpretando literalmente o Decreto, estarían exentos de cobro de taxas polos servizos prestados polo Servizo de Gardacostas. Con este Decreto, a armadora do Prestige estaría fora da aplicación das taxas”

Ademais, os socialistas solicitan que se establezan “quen e como” debe producir os avisos á poboación de fenómenos meteorolóxicos adversos e derivados desa meteoroloxía adversa. Sinalou neste sentido que existe unha grande “inconcreción e indefinición” na redacción do decreto, polo que todo “queda ao libre albedrío da administración”.

Soneira solicita que se establezan “taxas especiais” para situacións de emerxencia, catástrofe ou calamidade ocasionada por buques e empresas que poñan en risco “o noso patrimonio natural”, os recursos pesqueiros e marisqueiros, ou afecte ao noso sistema produtivo con consecuencias económicas, sociais e laborais negativas.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar