Reclaman a comparecencia de Feijóo para que formalice no Parlamento a súa postura sobre posibles axudas públicas a NGB

Reclaman a comparecencia de Feijóo para que formalice no Parlamento a súa postura sobre posibles axudas públicas a NGB

Reclaman a comparecencia de Feijóo para que formalice no Parlamento a súa postura sobre posibles axudas públicas a NGB

Abel Losada reclámalle ao presidente da Xunta “que deixe de insultar e empece a gobernar e dar explicacións” sobre a “estratexia contable” de pechar o exercicio contable en setembro e ofreza os datos do suposto contrato de Pemex

Considera que obrigar aos pacientes hospitalizados a pagar por cama e comida supón unha “estupidez inhumana” que merece desculpas inmediatas por parte de Feijóo

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou hoxe a comparecencia urxente do presidente da Xunta para dar conta da posición da Xunta diante das posibles axudas públicas a NGB. Así o dixo logo do novo escenario financeiro aberto pola situación de Bankia e a entrada de capital público para o rescate da entidade.

Losada reclamoulle a Feijóo que formalice diante do Parlamento a súa postura sobre o apoio con diñeiro público a Bankia e as repercusións para a entidade galega deste “modelo radicalmente novo” de xestión polo goberno. Reclamou “exactamente o mesmo modelo para NGB”, xa que é a entidade con maior cota de mercado no seu territorio e resulta “moito mais importante para Galicia do que é Bankia para España”.

O responsable socialista considera “inaudito” que Feijóo “responda con insultos á petición de explicacións e transparencia” por parte do principal partido da oposición. Acusouno de fomentar unha “cerimonia da confusión” ao salientar que as fusións financeiras fixéranse “todas mal” e preguntou “qué quedou da emoción que lle embargou na fusión e da sinatura da conselleira no documento de unión de Caixagalicia e Caixanova.

Subliñou así que resulta “absolutamente inescusable” que o presidente da Xunta “dea a cara” no Parlamento, e esixiulle que “deixe de insultar, comece a gobernar e traslade á Cámara a información que se lle pide”.

Criticou a xestión o PP no caso de Bankia, xa que en tres meses pasaron de 312 millóns de beneficios a 3.000 de perdas mentres, ao igual que sucede en Galicia “ninguén da explicacións nunha estratexia intolerable de escamotear información á cidadanía” sobre o uso do diñeiro público por uns “xestores pésimos”.

Débeda da Xunta e Pemex

O portavoz socialista afeoulle así ao presidente que non teña explicado ata o momento a “práctica política espúrea” de pechar o exercicio orzamentario da Xunta a 30 de setembro, cando o habitual era facelo a 15 de decembro. Desbotou as acusacións do presidente da Xunta, que acusou aos socialistas de “irresponsables” por reclamar explicacións, cando, lembrou, el mesmo dicía en plena tormenta financeira que España estaba “intervida”.

Criticou que a realidade é que o líder socialista, Pachi Vázquez, ten desvelado unha “estratexia contable” do presidente da Xunta para “presentar uns resultados que lle permitan colgarse unha medalla en Madrid. Rexeitou tamén as explicacións do conselleiro Hernández, xustificando onte que era para ter tempo de facer as contas, xa que “o resto dos gobernos tardan 15 días e Feijóo necesita 3 meses”.

Tamén replicoulle ao goberno galego que, en relación cos supostos contratos coa mexicana Pemex para os estaleiros galegos, “a oposición non desconfía de Pemex, desconfía dun goberno que falsea a realidade sistematicamente”. Lembrou así o Plan Eólico, a fábrica de vehículos eléctricos de Melón ou a fabricación de baterías para Mitsubishi en Vigo, todos anuncios estrela da Xunta que están paralizados.

Advertiu que as “declaracións grandilocuentes só agochan o baleiro”, e puntualizou que “si se transforma na realidade de contratos para Galicia seremos os primeiros en felicitarnos a todos, incluído ao goberno galego”. Engadiu que ata ese momento tan só foi asinada unha declaración de intencións que a Xunta mantén agochada, como sucedeu coa auditoría de KPMG que abalaba a fusión das caixas galegas.

Estupidez inhumana

Abel Losada cualificou hoxe de “estupidez inhumana” que Feijóo promova o pago de cama e comida nun proceso de hospitalización argumentando que non se trata de atención sanitaria e esixiulle a Feijóo “desculpas” os galegos enfermos. Sinalou que o presidente da Xunta abre a porta á “privatización do negocio” e o logro de dividendos pola empresa privada a costa da saúde dos galegos e galegas.

Advertiu que o presidente da Xunta “leva tempo preparando o terreo para un brutal negocio na sanidade pública galega” que comezou co caso do Hospital de Vigo, que pasou dun custe de 350 millóns de euros ao pago de 1.400 millóns pola aplicación do modelo de financiamento público – privado, e recomendou “preguntarlles cómo lles vai a Acciona e a Bankia coa operación”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar