Reclaman a comparecencia de Feijóo para que dea conta do crecemento da débeda pública da Xunta e da situación do sistema financeiro galego

Reclaman a comparecencia de Feijóo para que dea conta do crecemento da débeda pública da Xunta e da situación do sistema financeiro galego

Reclaman a comparecencia de Feijóo para que dea conta do crecemento da débeda pública da Xunta e da situación do sistema financeiro galego

Abel Losada acusa a Feijóo de crear unha “cerimonia da confusión” presentándose como “xestor eficiente” mentres dispara a débeda pública galega un 19,5 por cento no último ano

Cualificou de “extremadamente grave” que Rajoy comparecera no Parlamento 12 horas en 6 meses e de “gravísimo” que o presidente da Xunta se limitara a intervir 4,5 horas “incluíndo o Debate do Estado da Autonomía” no mesmo período de tempo

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta do crecemento da débeda pública da Xunta e da situación do sistema financeiro galego. Os socialistas presentarán estas solicitudes de comparecencia na Xunta de portavoces que se celebrará mañá e que fixará a orde do día para o último Pleno antes do verán.

Losada esixiulle a Feijóo que compareza no Parlamento antes do verán para dar conta do desleixo do seu goberno mentres a situación económica, social e laboral de Galicia “empeora por momentos”. Sinalou que mentres resulta “gravísimo” que Rajoy comparecera 12 horas nos últimos 6 meses, cualificou de “extremadamente grave” que Feijóo interviñera neste período só 4 horas e media incluíndo o debate do Estado da Autonomía.

O responsable socialista constatou hoxe que a acción política do presidente da Xunta céntrase na “ocultación sistemática de información” mentres tece unha “cerimonia da confusión sobre a situación económica de Galicia” e emprende unha “fuxida cara adiante” en relación cos temas relevantes para a economía galega.

Así, reclamou a comparecencia de Feijóo para explicar a súa xestión do financiamento público e o crecemento da débeda en 3.500 millóns de euros en 3 anos e un 19,5 por cento só no último ano, catro puntos mais que a media estatal –do 15,7 por cento-. Dixo que, en contra do que anuncia Feijóo, é “falso” que Galicia sexa a Comunidade Autónoma mais solvente do Estado, xa que hai 11 con menos débeda con relación ao PIB.

Cualificou tamén de “escandaloso” que o presidente da Xunta continúe “empeñado en antepoñer unha imaxe falsa de xestor eficiente á realidade económica de Galicia e as necesidades económicas das empresas”. Lembrou que logo dos “insultos” ao secretario xeral do PSdeG-PSOE por denunciar que a Xunta obrigaba ás empresas a gardar facturas nos caixóns “hoxe sabemos dos impagos a provedores no último cuadrimestre de 2011”.

Losada dixo que a renuncia da Xunta ao Plan de Pago a Provedores supón que Feijóo lastra a dinamización económica e a creación de emprego “só para poñerse unha medalla”. Aludiu aose impagos de polo menos 35 millóns de euros ás construtoras por parte da Xunta entre setembro e decembro de 2011, mentres só á Federación Galega da Construción advertiu de pagos pendentes por 31,6 millóns de euros.

Mentres, apuntou, a patronal galega da construción Seopan ven de advertir dunha “caída dramática” da licitación de obra pública, que pasou de licitar 161,5 millóns entre xaneiro e abril de 2010 aos 95,5 de 2011 e 18,1 no mesmo período de 2012.

Sistema financeiro

Os socialistas galegos levarán á Xunta de Portavoces de mañá martes a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da situación do sistema financeiro galego. Losada considerou “imprescindible” que o presidente e o goberno dean conta da situación de NGB para “xerar confianza” nos depositarios da entidade.

O responsable socialista considerou “unha vergonza” que os responsables da fusión e desaparición das caixas galegas vaian comparecer no Congreso dos Deputados mentres en Galicia a Xunta e o PP continúan bloqueando a convocatoria dunha Comisión de Investigación. Sinalou que a creación deste órgano e a aplicación da fórmula da transparencia resulta imprescindible para acadar a confianza da cidadanía.

Losada lanzou unha “mensaxe de tranquilidade” aos aforradores de NGB, xa que, dixo, trátase dunha entidade”solvente e viable” logo de que o FROB se fixera cargo do 90,7 por cento do seu capital.

Desmentiu ademais que o anterior portavoz socialista tivera visto a auditoría de KPMG avalando a fusión, en contra do que afirmou o presidente da Xunta na pasada sesión de control. Losada explicou que o goberno galego só amosou “un power point” coas supostas conclusións da auditoría, que seguen agochando á Cámara autonómica.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar