Reclaman a comparecencia de Feijóo para dar conta da presunta vinculación da Xunta coa trama da Operación Orquestra

Reclaman a comparecencia de Feijóo para dar conta da presunta vinculación da Xunta coa trama da Operación Orquestra

Reclaman a comparecencia de Feijóo para dar conta da presunta vinculación da Xunta coa trama da Operación Orquestra

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou a comparecencia urxente de Feijóo e os conselleiros Hernández e Mato para dar conta da presunta vinculación da Xunta coa trama da Operación Orquestra. Presentou unha batería de preguntas á Xunta e esixiu ao PP “que asuma as mesmas responsabilidades políticas que son os primeiros en esixirlle aos demais”.

O responsable socialista preguntou ao presidente da Xunta que “clarifique qué quere dicir cando asegura que espera unha sentenza consecuente” e preguntou “consecuente con qué ou con quén”. Explicou que a trama constitúe un “caso paradigmático de mestura entre intereses públicos e privados” con un sumario no que están citados 4 dos 10 conselleiros o que, engadiu, “non está nada mal para un único sumario”.

Losada dixo que este caso constitúe un “exemplo claro do uso partidista e discrecional da administración” ao servizo do PP, mentres o goberno galego opta por “agochar a cabeza e non afrontar a responsabilidade que ten como Goberno”. Sinalou que o sumario comprende a “todo o escalafón da actual administración autonómica”, que aparece vinculado no caso.

Tamén replicou ao conselleiro de Presidencia, que asegurou que o caso “está onde debe estar” e dixo que “hai responsabilidades políticas que o Goberno galego ten que afrontar”. Deste xeito engadiu que “a Operación Orquestra está nos xulgados e debe estar no ámbito político” como a investigación sobre Unións Agrarias “estaba exclusivamente na sede do PP e pasou ao ámbito político e da administración”.

Os socialistas presentaron un total de 9 preguntas á Xunta para que explique as relacións das consellerías de Traballo, Infraestruturas, Mar e Cultura con esta trama na que aparecen citados. Así, esixiu que tanto Traballo como Infraestruturas e Mar expliquen as axudas concedidas a Cee, Mazaricos e Fisterra e cantas foron destinadas a Construcións Ogando.

Tamén preguntou a Traballo polo proceso de selección de traballadores para a residencia de maiores de Vimianzo, e á Consellería de Cultura polas axudas e subvencións para a Feira Medieval de Corcubión e as campañas electorais do PP. Sinalou que o xefe territorial desta consellería está tamén citado no sumario, o que evidencia que esta figura “ten unha clara dimensión política.

Mestura de intereses

O responsable socialista dixo que a trama da Orquestra constitúe “un caso grave, paradigmático da mestura entre os intereses públicos, privados e empresariais imposibles de discernir e a relación obscena entre alcaldes e construtores”. A presunta vinculación do PP e a Xunta, dixo, fai “saltar polos aires” todo o discurso do Executivo referente ao “contrato con Galicia, a defensa do presunto código ético e a rexeneración democrática”.

Lembrou que a investigación comezou en 2009 por delito de narcotráfico e “vai ampliándose a fraude, tráfico de influenzas, cohecho e prevaricación, todo o abano de prácticas de vinculacións non desexables e ilegais entre partidos políticos e intereses empresariais privados”.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o portavoz socialista respaldou hoxe as críticas do delegado do Goberno contra os “ataques feroces e sistemáticos da Xunta contra o Goberno de España”. Criticou que a Xunta “semente dúbidas sobre o compromiso do Goberno sobre as infraestruturas mentres hoxe lanzan globos sonda sobre as dificultades de financiamento para anticipar máis paralizacións e retrasos nas actuacións da Xunta”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar