Reclaman a comparecencia de Feijóo para dar conta a situación económica de Galicia e a solicitude dunha comisión de investigación sobre NGB

Reclaman a comparecencia de Feijóo para dar conta a situación económica de Galicia e a solicitude dunha comisión de investigación sobre NGB

Reclaman a comparecencia de Feijóo para dar conta a situación económica de Galicia e a solicitude dunha comisión de investigación sobre NGB

Abel Losada anuncia a petición de Deputación Permanente para solicitar a convocatoria dun Pleno extraordinario en xullo

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou a comparecencia do presidente da Xunta nun Pleno Extraordinario do Parlamento para dar conta a situación económica de Galicia e a constitución dunha Comisión de Investigación sobre NGB. O responsable socialista presentou unha solicitude de Deputación Permanente na que se debaterá a convocatoria da dita sesión plenaria en xullo.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que dea conta na Cámara autonómica da situación económica e financeira de Galicia, onde a recesión económica e financeira está a ter unha maior incidencia que no resto do Estado. Dixo que mentres Feijóo continúa cun “discurso triunfalista e obsesionado co déficit cero”, en Galicia hai 276.600 parados e paradas e mais do 20 por cento da poboación está en risco de pobreza.

O responsable socialista dixo que as finanzas públicas de Galicia atópanse nunha situación “extremadamente difícil” mentres a Xunta dispara a débeda nun 88 por cento, cun incremento de 3.500 millóns de euros. Advertiu que a xestión do presidente da Xunta está a provocar a caída da calidade dos servizos públicos e a Xunta permanece “desaparecida” como dinamizador da actividade económica.

Losada cualificou a Feijóo de “prestidixitador” logo de demostrar a “estratexia de publicidade e propaganda” que ten demostrado cos “bandazos” con relación á constitución dunha Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas galegas e as subvencións aos ex directivos.

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia lembrou que o PP votou en contra da constitución da Comisión no Pleno do Parlamento, en dúas ocasións vetou a inclusión do debate na orde do día e, na pasada sesión plenaria, primeiro votaron en contra de incluír este debate e 21 horas despois o presidente da Xunta anunciaba o inicio do órgano en xullo.

Os socialistas consideran “imprescindible” a investigación na Cámara autonómica diante das “noticias a chorros” sobre a situación da entidade mentres a fiscalía denuncian aos exdirectivos, que ademais teñen que comparecer no Congreso. Criticou que malia todos estes indicios, o veto do PP estea impedindo ata hoxe que dean conta na Cámara autonómica.

Por estes motivos os socialistas reclaman que o Pleno extraordinario inclúa a solicitude de creación dunha Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega e o pagamento das indemnizacións millonarias aos seus directivos. Tamén solicitan incluír unha comparecencia de Feijóo para dar conta da súa estratexia “para garantir a permanencia de NGB como entidade viable, autónoma e vinculada a Galicia”.

Tamén reclaman o debate do acordo de interposición do recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto Lei 14/2012 e contra o Real Decreto Lei 16/2012 de aplicación do copago e de recortes no ensino por invasión de competencias autonómicas. Outro dos puntos que solicitan incluír na sesión e a toma en consideración das iniciativas lexislativas populares para a defensa da sanidade pública e para a continuidade de Preescolar na Casa.

Finalmente, solicitou que esta sesión incorpore o debate da toma en consideración da Proposición de Lei para a reforma do Regulamento do Parlamento que permita o voto telemático nos casos de baixa de maternidade ou paternidade e tamén nos casos de enfermidade grave.

Lei do solo

O responsable socialista solicitarán que a Deputación Permanente habilite a constitución dunha Comisión non Permanente para a elaboración dunha nova Lei do Solo de Galicia, que considerou “urxente diante do discurso facilitador de comportamentos arbitrarios” por parte da Xunta diante de irregularidades urbanísticas en Galicia.

Así, criticou o “comportamento discrecional” por parte da Xunta ao sancionar ao máximo a situación en concellos como A Guarda mentres amosa unha “sospeitosa tolerancia” coas actuacións urbanísticas de “candidatos do PP na ría de Pontevedra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar